Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo entregou os premios de relato curto "Trapero Pardo" na súa XVII edición


# Xoves, 22/12/2011


Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixeron entrega dos premios de relato curto Trapero Pardo. Nesta cita literaria que se ven celebrando dende hai 17 anos, participaron mozos e mozas de colexios da provincia de Lugo.

Por esta razón, o pasado 13 de decembro reuniuse o xurado do certame de relatos curtos “Trapero Pardo” que organiza a Concellería de Educación desde fai 17 anos. Nesta edición destaca, con respecto ás edicións anteriores, un notable incremento tanto na participación, como na calidade das narracións recibidas. Este ano o xurado decidiu deixar deserto o terceiro premio da categoría de 12 a 14 anos, concedendo un accésit no seu lugar, ao constatar unha diferencia na calidade dos relatos.

López Orozco felicitou aos gañadores e agradeceu a alta participacións “nun premio que está máis que consolidado e que non se podería facer sen o apoio dos pais e dos profesores que traballan para fomentar a imaxinación e a lectura nos mozos e mozas.”

López Orozco e Esther Muñóz procederon á entrega dos galardóns aos premiados nas distintas categorías:

CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS

1º Premio a SARA ABUÍN RODRÍGUEZ, coa obra Quello che si pensava impossibile (O que criches imposible), do IES a Nosa Señora Dos Ollos Grandes.

2º Premio a LORENA BARRERA LÓPEZ , coa obra Fume de locomotora, do IES Monte Castelo (Burela).

Accésit a PABLO DÍAZ PRADEDA, coa obra O ferreiro Manuel, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción (Sarria)

CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS

1º Premio a MARÍA ELENA LÓPEZ GONZÁLEZ, coa obra O Laberinto de Papel, do IES Xograr Afonso Gomez de Sarria.

2º Premio a AMARA CHAO DURÁN, coa obra Periplo Viaxeiro, do IES Monte Castelo, Burela

3º Premio a NUNO GARCÍA PICO, coa obra Collerei todos as pedras do meu camiño, construirei algo inutil, do IES Monte Castelo Burela.

Coñeza os Certames e Concursos que organiza o Concello de Lugo.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova