Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco e Gómez Besteiro entregan un CD gravado pola Fundación TIC ós 33 grupos musicais participantes en "Xoves con Arte"


# Venres, 23/12/2011


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, fixeron entrega dun álbum musical ós 33 grupos participantes do programa Xoves con Arte, que ten por obxectivo impulsar as novas bandas musicais da cidade ou que dispoñen de poucos recursos para promocionar os seus traballos. Está previsto que tralo acto de entrega as agrupacións musicais ofrezan un concerto no que toquen varias pezas do traballo discográfico, mesturando estilos pop, rock e música galega.

Os máximos responsables do Concello e os da Fundación TIC ofreceron ós artistas o seu apoio para darlle continuidade a estes espectáculos co obxectivo de dar a coñecer ó público lucense a súa música e de paso ter un punto de venda onde se poida mercar o disco. De aceptar, as actuacións desenvolveríanse todos os xoves, unha vez pasadas as vacacións de Nadal, nas prazas máis emblemáticas da cidade de Lugo. Ademais, para este cometido contarán coa colaboración da Fundación TIC, que prestará o material técnico e audiovisual necesario e de última xeración para facer posible que a música dos artistas soe coa mellor calidade e poidan ofrecer unha excelente posta en escena.

Álbum de calidade
O disco “Xoves con Arte” está composto por dous CDs que recollen un total de 33 temas de diversos estilos musicais. A Fundación TIC financiou o traballo, gravado e editado coa axuda de técnicos e bolseiros da Fundación TIC nos estudos profesionais de “Abrigueiro”, baixo a dirección do produtor e compositor Arturo Vaquero, aspirante a un Goya no 2010 á mellor canción orixinal polo filme “Agallas”.

Os grupos lucenses que protagonizan o álbum son os seguintes: Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janie’s Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova