Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recibe o visto e prace da Xunta ó refundido do PXOM


# Venres, 23/12/2011
Luis Álvarez expresa a satisfacción do Goberno local e destaca o labor que fixeron todos os concelleiros de Urbanismo que traballaron no novo Plan Xeral de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello xa traballa na súa publicación no Boletín da Provincia que é único paso pendente para a súa entrada en vigor

O Concello de Lugo recibiu hoxe o visto e prace da Xunta de Galicia ó documento refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal, segundo informou o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicou este mediodía ó Concello o informe técnico sobre o documento refundido do PXOM do Concello de Lugo, ó abeiro da Orde de 29 de abril de 2011 da Consellería. O informe, que ten data de 20 de decembro, di que “examinado o documento remitido, enténdese que o mesmo é conforme co establecido na dita orde da CMATI”.

O documento refundido do PXOM así como os informes dos servizos municipais acreditativos, que veñen de recibir a conformidade da Consellería fóranlle remitidos á Xunta de Galicia o pasado mes de agosto.

Logo de recibir a comunicación da Xunta, o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, destacou que “o Goberno local está moi satisfeito con esta noticia”. Tamén remarcou que o documento “foi aprobado nun prazo de tempo razoable”.

O Concelleiro de Urbanismo salientou que hoxe demostrouse que “o noso é traballar con discreción e presentar resultados, non facer cábalas e ser tremendistas” e compróbase tamén que “a pesar de que o señor Castiñeira se empeñou en dicir que enviaramos o texto mal, non era certo”

Álvarez fixo un recoñecemento a “todos os Concelleiros de Urbanismo que me precederon na tramitación do Plan: José Ramón Gómez Besteiro, Francisco Liñares e, moi especialmente, a María Novo, á que lle tocou darlle o pulo final á tramitación do Plan”. Ademais, o responsable de Urbanismo do Concello de Lugo agradeceulle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas “ás facilidades que nos deron para coordinarnos con eles e poder darlles todas as aclaracións necesarias”.

Próxima entrada en vigor

A entrada en vigor do PXOM producirase quince días despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, un traballo que xa levan tempo preparando o Concello e a Deputación provincial, especialmente os servizos informáticos das dúas administracións.

Os oito tomos que se publicarán do PXOM teñen o dobre de páxinas do que acostuma publicar o BOP en todo o ano e, ademais, como sinalou Luis Álvarez “é un procedemento absolutamente novidoso xa que se trata da primeira vez que se publica un documento desta complexidade nun Boletín que xa non se imprime en papel”.

O 5% pendente

O Concelleiro de Urbanismo tamén indicou que agora o Concello centrará o seu esforzo en sacar adiante o 5% do PXOM que está pendente da aprobación definitiva da Xunta para o que anunciou que “despois de Reis se é necesario convocaremos día sí e día tamén a Comisión de Planeamento”.

http://www.lugo.es/ws/pxom

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova