Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo é o concello galego que máis cartos recibe do Ministerio de Sanidade para o programa de prevención das drogodependencias


# Luns, 26/12/2011
O Ministerio concedeulle 132.547 euros ó programa Máis por Tí do que se beneficiaron no último ano 4.000 mozos

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo é o primeiro concello galego e o sexto de España no importe das axudas do Ministerio de Sanidade con cargo ó programa de prevención das drogodependencias con cargo ó Fondo de bens decomisados por tráfico de drogas. O Ministerio de Sanidade acordou financiar con 132.547 euros o programa Máis por ti (+XTÍ) que desenvolve o Concello de Lugo para a prevención das drogodependencias na mocidade. Por diante de Lugo só se sitúan os concellos de Madrid, Barcelona, León, Badaxoz e Lleida

O programa Máis por ti terá, na súa próxima edición, un presuposto total de 189.352,85 euros entre as axudas do Estado e a achega que fará o Concello que será de 56.805,85 euros.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, amosou hoxe a súa satisfacción pola concesión desta axuda e salientou que “ultimamente dou moitas malas noticias de recortes que sofrimos, pero hoxe teño que dicir que neste programa non só non nos recortaron cargos senón que aumentou en 6.000 euros, así que é unha boa noticia que nos permitirá seguir traballando na prevención das drogodependencias a través dos programas de ocio e de formación”.

Basadre lembrou que “o programa Máis por ti está enfocado a reducir os factores de risco de drogodependencias na mocidade a través dun programa de ocio saudable” e explicou que se trata dunha actuación “a longo prazo, con repetidas intervencións, no que se involucran os pais e nais” e na que participaron este ano orredor de 4.000 persoas.

Novidades do +xTi 2012

A Concelleira de Benestar Social avanzou algúns aspectos da nova edición do programa Máis por ti e destacou a posta en marcha dun proxecto piloto que permitirá facer o seguimento durante varios cursos dun grupo de alumnos no colexio e posteriormente no instituto. Pala elo, Basadre anunciou a próxima sinatura dun protocolo co colexio Casás e o IES Leiras Pulpeiro e dixo que este proxecto piloto terá continuidade durante todo o actual mandato municipal de xeito que se poida facer a avaliación dos escolares, primeiro no colexio e logo no instituto.

Outra novidade será o Máis por ti formación que se levará a cabo por primeira vez no ano 2012 porque “este ano pretendemos reforzar a formación dirixida ós mozos e mozas que deixaron os estudos e agora están no paro”, explicou Basadre.

Estes cursos contará cun orzamento de 47.000 euros e está previsto organizar cursos de distintas materias como panadería e repostería artesanal, de encuestadores, de monitor e de empresas on line. Este programa de formación desenvolverase coa colaboración de entidades como o CEI ou a Asociación de Panaderías.

Ademais volveranse celebrar outras actividades xa consolidadas como os Sábados Máis por ti, que se desenvolverán na Casa da Xuventude; nas fines de semana haberá as Noites Máis por ti e o programa Ocio Máis por ti, e tamén haberá actividades adicadas a colectivos vulnerables, como inmigrantes ou minorías étnicas, no Minorías máis por ti, así como os programas Máis por ti tecnoloxía e Deporte máis por ti.

A Busca do Tesouro será en xaneiro

A Concelleira de Benestar Social anunciou tamén que se apraza ata os días 3 e 4 de xaneiro a celebración da novena edición do xogo “Busca do Tesouro”. O horario será de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas. A decisión de aprazar a celebración deste xogo, no que están inscritos cinco equipos, tomouse a petición dalgúns mozos interesados en tomar parte nel. Por este motivo, aínda está aberto o prazo para inscribirse. Os interesados en anotarse dispoñen de prazo ata o día 30 e deben facer o trámite na Casa da Xuventude, a Casa da Música ou a Oficina de Información Xuvenil.

Prazas en Aulas abertas

A Concellería de Benestar Social comunicou ademais que aínda quedan prazas libres para as Aulas Abertas nos centros de convivencia da Milagrosa, Fingoi e o Sagrado Corazón.

Este Nadal os nenos de 4 a 12 anos poden acudir ás Aulas Abertas en seis centros cívicos do Concello. As Aulas Abertas desenvolveranse ata o día 5 de xaneiro en horario de 9.00 a 14.00 horas.  




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova