Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Medio cento de nenos e nenas ensaian estes días para a Cabalgata de Reis nos obradoiros de teatro organizados pola área de Cultura


# Martes, 27/12/2011
Durante toda esta semana haberá actuacións infantís pola tarde no Auditorio Gustavo Freire e Cantos de Nadal polas rúas da cidade a cargo de corais de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os días 30 e 31 celebraranse dúas novas sesións da exitosa iniciativa de visitas guiadas: Lugo a Pé e Lugo e arredores

Os días de Nadal están cheos de propostas de lecer en Lugo programadas pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Esta semana arrincaron os obradoiros para preparar a Cabalgata dos Reis Magos e os nenos e nenas, xunto aos monitores de Palimoco Teatro, xa están a traballar no deseño da escenografía dos espectáculos que acompañarán ás carrozas dos Magos de Oriente. Durante unhas sesións cargadas de humor e creatividade, os nenos ensaian números de danza e expresión corporal, ademais de preparar o atrezzo e o vestiario. Todos estes traballos os realizan no Centro Social Maruja Mallo de 10:00 a 13:00 horas os días 26, 28 e 30 de decembro e remataranos o 2 e o 4 de xaneiro cos últimos retoques antes do día máis esperado do ano por todos os pequenos.

Pero a diversión para os máis cativos continúa no Auditorio Municipal Gustavo Freire co programa de actuacións infantís que achegan maxia, monicreques e teatro cos seguintes espectáculos gratuítos:
  • Martes 27 de decembro ás 18:30 horas: O día que chegou unha nube e choveu, de Títeres Trompicallo, destinado a nenos e nenas de 1 a 5 anos.
  • Mércores 28 de decembro ás 18:30 horas: A Rebelión do monicreque, de Matapiollos Teatro
  • Xoves 29 de decembro ás 18:30 horas: Oriente-Occidente, da compañía Alahadanza

E ata o 8 de xaneiro, o Pazo de Feiras e Congresos acolle as actividades de Xuvenlugo, con distintas atraccións para os máis pequenos, entre elas unha pista de xeo. Nesta iniciativa colaboran o Pazo de Feiras, o Concello e a Deputación.

Continúan os Cantos de Nadal

Como un dos retos desta concellería e ofrecer unha programación para todos os públicos e que chegue a todos os barrios da cidade, ao longo destes días tamén se están a celebrar os Cantos de Nadal, unhas actuacións moi especiais xa que ademais de amenizar as rúas da cidade coas panxoliñas, implicáronse con este proxecto todas as corais de Lugo.

Esta semana haberá actuacións os días 29 e 30 dende ás 20:00 horas e o día 31 a partir das 12:00 horas do mediodía polas prazas e rúas do casco histórico e de distintos barrios como A Milagrosa, Fontiñas, O Castiñeiro, Ramón Ferreiro e Augas Férreas. As corais que participan son: Xolda, Cantar Delas, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes, Coral Vocal Lugh, Coral Hospital Xeral-Calde, Ecos do Miño, Schola Gregoriana, Coral de San Antonio, Novo Amencer e Coral de Amigos do Camiño de Santiago.

XOVES

VENRES

SÁBADO

29

CENTRO 20:00 - 2 CORAIS

Praza Maior

Cantar delas

San Marcos

Amigos Camiño de Santiago

BARRIOS

Pza de Fontiñas – 18:00

Coral Hospital Xeral - Calde

Pza do Castiñeiro – 20:00

Coral de San Antonio

Pza da Milagrosa– 20:00

Schola Gregoriana

30

CENTRO 20:00 - 2 CORAIS

Praza Maior

Lugh

San Marcos

Orfeón Lucense

Praza do Campo

Xolda

BARRIOS

Pza. Augas Férreas -18:00

Cantar Delas

Pza da Milagrosa– 20:00

Orfeón Xoan Montes

31

CENTRO 12:00 - 1 CORAL

Praza da Soedade:

Ecos do Miño

BARRIOS

Horta do Seminario – 12:00

Novo Amencer



 


Feira ArteNadal, exposición de maquetas e visitas guiadas


Dentro da programación inclúese tamén a Feira de Artesanía ArteNadal, aberta na Praza da Soidade ata o día 5 de xaneiro e ten o seguinte horario: 11h – 14:30h e de 17h – 21h. O día 1 de xaneiro permanecerá pechada.. Este ano cumpre a súa novena edición e como en ocasións anteriores haberá actuacións de gaiteiros da cidade de Lugo, talleres para os nenos e está convocado o III Concurso de Fotografía.

ArteNadal quere ofrecer ao público que ano tras ano se achega a esta carpa de artesanía unha alternativa para mercar os seus agasallos e cada vez é maior o número de persoas que valora a opción de regalar traballos persoais e feitos á man nestas datas, pois a artesanía galega é un referente tanto a nivel provincial como autonómico de calidade e orixinalidade.

Outra interesante proposta é a exposición de maquetas do lucense Manuel Pena que se pode visitar na Sala de Exposicións do Uxío Novoneyra ata o 31 de xaneiro, de luns a venres de 16:00 a 21 horas. A entrada é gratuíta. Os visitantes poden ver reproducións a escala de edificios emblemáticos de Lugo como son a Casa Consistorial ou o Museo Provincial, ademais de casas típicas, algunhas xa foron derrubadas, pero Manuel reconstruínas a medida grazas as lembranzas da súa infancia. Ademais de inspirarse en Lugo, Manuel ten influencias tan éxoticas como Rusia ou Xapón, froito das viaxes da súa filla, e tamén construiu espectaculares maquetas da catedral de San Basilio de Moscova e do Pabillón Dourado de Kioto.

Esta semana tamén volven as visitas guiadas que tanto éxito tiveron na ponte de decembro e repetiranse o venres 30 de decembro, cando pola tarde terá lugar as rutas a pé pola cidade. Esta ruta urbana, denominada Lugo a pé, incluirá a visita ao Centro de Interpretación da Muralla, a Casa dos Mosaicos, o Museo Provincial, a piscina romana que acaba de ser inaugurada na praza de Santa María, o templo de Mitra, a sala Porta Miñá e un paseo pola Muralla cunha explicación do máis significativo.

Ao día seguinte, sábado 31, pola mañá, será a saída en autobús, que partirá ás 10:30 horas dende o tramo peonil da Ronda da Muralla. Esta segunda ruta, denominada Lugo e arredores, levará aos lugueses e visitantes a Santalla de Bóveda, onde existe un templo do século IV declarado Ben de Interese Cultural e ao Castro de Viladonga.

Estes circuítos volverán ser gratuítos, terán unha duración de dúas horas e media e para apuntarse as persoas interesadas deberán dirixirse á Oficina Municipal de Turismo para reservar a súa praza. Os grupos por cada guía serán de un máximo de 30 persoas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova