Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo será pioneiro na utilización da luz de cruce durante o día para aumentar a seguridade vial


# Martes, 27/12/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde anuncia que a partir de xaneiro os vehículos municipais e os das concesionarias do Concello circularán coa luz de cruce acesa e recomenda ós lucenses que tomen a mesma medida igual que se fai nos países do Norte de Europa
 

López Orozco tamén plantexará esta medida na FEMP, xa que é o presidente da Comisión de Seguridade e Tráfico

Calculase que a implantación desta medida en España axudaría a reducir os accidentes entre un 5% e un 8% en recorridos urbanos

O Alcalde tamén anunciou que o Bus búho funcionará de 01.00 a 08.00 a noite de Fin de Ano


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe que o Concello vai poñer en marcha unha medida pioneira para mellorar a seguridade vial. A partir do día 1 de xaneiro, os vehículos do Parque móbil municipal, mesmo os da Policía Local, e os das empresas concesionarias que traballan para o Concello, como os buses urbanos, circularán coa luz de cruce tamén durante o día.

O Alcalde vai ditar un decreto que recollerá a obrigatoriedade desta medida tanto para os vehículos municipais como para os que lle prestan servizo ó Concello e tamén incluirá unha recomendación a todos os cidadáns para que leven posta a luz de cruce tamén de día.

Ademais, López Orozco anunciou que en xaneiro plantexará esta medida na Federación Española de Municipios e Provincias. O Alcalde é o Presidente da Comisión de Seguridade e Tráfico da FEMP e proporá debatir o asunto na primeira reunión do ano da Comisión.

López Orozco explicou que o obxectivo é mellorar a visibilidade dos vehículos e como consecuencia, tamén, diminuir a siniestralidade vial nas rúas e estradas do Concello de Lugo, e, en particular, a cifra de atropelos.

“Creo que é unha medida importante, que pode axudar a reducir a siniestralidade e a facer máis segura a conducción”, dixo o Alcalde e engadiu que “non creo que sexa a medida por excelencia para acabar cos accidentes, a prudencia é o máis importante, hai que gardar a distancia de seguridade, atender ós sinais e ás condicións climatolóxicas, pero penso que con esta medida podemos colaborar a evitar os accidentes”.

Tamén explicou que “nin é unha ocurrencia nin responde a un capricho, hai unha directiva na mesma liña da Unión Europea e xa se actúa así en moitos países do Norte de Europa, que teñen un clima semellante ó noso, e estou convencido de que acabará por plasmarse no seu día no Código da Circulación”. O Alcalde sinalou que “aínda que hai quen pensa que pode supór máis gasto ou maior emisión de CO2 o fundamental é que os expertos consideran que axudaría a salvar vidas e a vida humana é o que vale máis”.

O Alcalde explicou que esta decisión é consecuencia dun informe feito polo Gabinete de Tráfico da Policía Local que estivo a estudar o tema desde o mes de setembro pasado.

O informe feito polo Gabinete de Tráfico da Policía Local recolle, entre outros datos. os dun estudo do Observatorio Nacional de Seguridade Vial, segundo o cal as luces de conducción diurna salvan vidas e o seu uso obrigatorio durante as 24 horas do día evitaría 225 mortes en España. Outro estudo calcula que se esta medida fora obrigatoria, poderían diminuir os accidentes entre un 3,4% e un 5% en vías interurbanas e ente un 5% e un 8% en percorridos urbanos.

O informe tamén destaca que unha Directiva Europea obriga, desde febreiro pasado, a estar equipados con luces de circulación diurna (LCD) ós vehículos novos destinados ó transporte de persoas que teñan ata oito prazas e ós destinados ó transporte de mercadorías cun peso máximo inferior a 3, 5 toneladas. Esa norma xeneralizarase ó resto de vehículos novos a partir de agosto de 2012.

Ademais o informe dí que a maioría dos accidentes débense a un fallo humano, especialmente a problemas de percepción unida directamente á falta de visibilidade. O informe engade que “sorprendentemente os vehículos de catro rodas resultan menos visibles para os conductores que os de dúas” e “na actualidade só os vehículos de dúas rodas están obrigados a conducir coas luces acesas en horario diurno”. Considera, ademais, o Gabinete de Tráfico que “a aplicación desta medida beneficiará, principalmente, ós grupos de risco como son os peóns, ciclistas, condutores noveis e maiores de 65 anos”.

Por todo elo, o Gabinete de Tráfico propón adoptar as medidas que anunciou o Alcalde, que se completarán cunha campaña de concienciación da opinión pública sobre a necesidade de circular coa luz de cruce durante todo o día.

Bus búho na Noitevella

O Alcalde tamén anunciou que haberá un servizo especial de transporte público urbano na Noite de Fin de Ano. O Bus búho funcionará de 01.00 a 08.00 horas e a súa frecuencia será dunha hora. Sairá da parada do edificio dos Sindicatos, na Ronda da Muralla e o seu itinerario será o seguinte: Avda. Da Coruña, Garabolos, Flor de Malva, Santo Graal, Camiño Real, Valle Inclán, Rúa dos Gardas, Lamas de Prado, Alfredo Brañas, Avda. Breogán, Rúa Bidueiro, Avda. das Américas, Fonte dos Ranchos, Rúa Chantada, Ronda da Muralla, Rúa Vilalba, Avda. Ramón Ferreiro, Rúa Armórica, Aviación Española, Afonso X O Sabio, Estrada da Granxa, Avda. Carvalho Calero, Avda. Pablo Iglesias, Avda. De Madrid, Rda. Xosé Castiñeira, Rda. Fontiñas, Estación do Ferrocarril, Rúa Castelao e Ronda Muralla (Sindicatos).

O Alcalde destacou que con este servizo especial o Concello pretende facilitar ós veciños que poidan desplazarse sen necesidade de utilizar o seu vehículo particular evitando así problemas de aparcamento e no caso de consumo de alcol.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova