Imprimir

O PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO DO CONCELLO AUMENTA OS SEUS MEDIOS GRAZAS A UNHA ACHEGA DE MATERIAL QUE FAI A DXT


29/12/2011

A Concelleira de Educación, Esther Muñoz, o Xefe provincial de Tráfico, Gonzalo León, e o Director de Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, presentaron hoxe o material que vén de ceder ó Concello a Dirección Xeral de Tráfico.

A Concelleira agradeceu a Tráfico a entrega deste material, consistente en 6 bicicletas, 3 triciclos, 45 sinais de tráfico, 12 cascos para bicis e 150 bordillos para delimitar curvas ou carrís, que facilitará o traballo que desenvolve o Concello para a formación vial dos escolares que, como destacou Esther Muñoz, “forma parte da educación integral dos futuros cidadáns de Lugo”.

Pola súa parte, o Xefe provincial de Tráfico destacou a importancia da educación vial en idades temperás, tanto de nenos como adolescentes e explicou que a entrega deste material ó Concello de Lugo enmárcase no plan de colaboración que mantén a DXT cos Concellos.

Coñeza o PIT: Parque Infantil de Tráfico