Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

DISCURSO DOS REIS MAGOS NA SÚA VISITA A LUGO


# Xoves, 05/01/2012
BOAS NOITES QUERIDOS NENOS E NENAS
BOAS NOITES QUERIDOS LUGUESES E LUGUESAS


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Que ledicia volver a estar aquí con vós! Para nós é sempre un pracer vir a Galiza, e máis aínda a Lugo, que ben se sabe que se come ben e sempre nos poñedes unhas boas tapas para nós e para os camelos. Seguide así, non perdades o costume.

Queremos en primeiro lugar tamén darvos as grazas por acompañarnos na cabalgata. Darvos as grazas por suposto aos nenos e nenas que formastes parte da comitiva, pero tamén aos maiores dos grupos de teatro, das asociacións, aos traballadores do concello e aos distintos colectivos que fixestes este percorrido con nós. Foi unha cabalgata ben bonita e gustounos moito que nos acompañara tanta xente na comitiva real, é máis numerosa que lembramos nesta cidade.

Gustáronnos moito as cartas que nos mandastes este ano. E queremos felicitar ao Concello de Lugo por ese concurso de cartas que organizaron. Foi unha iniciativa moi interesante. Procuramos traervos todo o que nos pedistes nas cartas, pero xa sabedes que estamos en crise. Para os maiores gustaríanos traer moito emprego para repartir pero non temos competencias para poder facelo.

A cousa, amiguiños, estávos moi mal. Teñen razón os vosos pais cando din iso. Fixádevos se están mal que houbo un ERE e botaron á metade do noso persoal. E aquí nos tedes a nós, traballando aos nosos anos, sen poder xubilarnos ata os 67. E cobrando o salario base nada máis ehhh, que nós non cobramos tanto coma ese outro rei voso que vive en Madrid.

Pero non vos preocupedes, que iso non é culpa vosa. Xa sabemos que vós sodes bos. Porque fostes bos este ano, ou?? … Dicídeme, fostes bos?? … Así me gusta, que se saiba, que o digades ben forte. Xa sei que ás veces protestades por algunha cousa, e que os vosos pais e nais se queixan diso, pero ás veces non é malo protestar cando as cousas non nos gustan. É moito peor quedar calados. Dicídelle iso aos maiores da nosa parte.

Nós xa vedes que non somos de calar. Tiñamos pensado pedir unhas cousas ao alcalde, a Orozco, pero dixéronnos que agora o que manda aquí en Lugo é Bao, así que logo vai para os dous: queriamos pedirlles que nos arreglaran a entrada pola Fervedoira, que con tantas curvas maréansenos os camelos. E temos que seguir vindo en camelo por que o de vir en tren tampouco está fácil.

Precisamente o outro día coincidimos co Apalpador e díxonos “pero vós moi tarde vindes”. Home claro, así calquera, el ven daí ao lado, do Courel, e chega nun pis pas, por iso sempre se nos adianta, pero nós vimos de Oriente, e tal como están as comunicacións ata Lugo, boa falta nos fai o tempo.

En fin, xa vedes que hai traballo para todos. Vós de momento o que tendes que facer hoxe é irvos cedo para a cama para mañá poder xogar cos agasallos que vos trouxemos. Trouxemos de todo: balóns, libros , bonecas, videoxogos, bicicletas … de todo!!!

Nada máis, dicirvos que estamos encantados de estar aquí con vós en Lugo, que volveremos o ano que ven, e pedirvos que sigades soñando moitos moitos anos !!!!!!!

E agora un aviso, porque vemos moitas caras coñecidas, moitos xa viñestes o ano pasado. Pero outros sodes novos, é a primeira vez que vindes. Agora imos sentar aí dentro para poder falar un por un con todos vós. Así que ide pasando.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova