Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco entregou os premios da IX edición do concurso Na Busca do Tesouro


# Xoves, 05/01/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, felicitou hoxe ós gañadores do concurso “Na Busca do Tesouro”, que recibiron os seus premios da mans da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e do propio rexedor, nun acto que tivo lugar no salón de plenos do Concello. A novena edición deste certame celebrouse os días 2 e 3 de xaneiro e desenvolveuse polas rúas da cidade.

O xogo de rastrexo "Na Busca do Tesouro" foi organizado pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude co obxectivo de proporcionarlle ós mozos unha alternativa saudábel o tempo de ocio conseguindo o mesmo tempo que os participantes coñezan un pouco máis a nosa cidade. Entre os sitios que visitaron mentras buscaban o tesouro encóntranse lugares como o punto de Europa Direct, a Casa da Xuventude, o Centro de Convivencia María Balteira ou en Estadio Ángel Carro, entre outros.
Nesta edición foron 10 equipos os inscritos, cada equipo está formado por 3 persoas divididos en dúas categorías: categoría A (de 14 a 17 anos) e categoría B (de 18 a 30 anos).

Os/as gañadores/as foron o seguintes:

Categoría A (14-17 anos)

1º premio ao equipo: A TOPE TROITA (ordenador portátil)
JORGE SANCOSMED LEMA
ADRIÁN DORGAMBIDE GONZÁLEZ
DANIEL JOSÉ PRIETO VIEITES

2º premio ao equipo: THREEWO (cámara dixital)
LAURA ARIAS ZAS
ISABEL SALGADO NEIRA
BELÉN MARÍA ENCABO GONZÁLEZ

3º premio ao equipo: LOS INTOCABLES (vale para libros)
ALEJANDRO VÁZQUEZ ARMESTO
MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ VÁZQUEZ
GABRIEL GÓMEZ VÁZQUEZ

Categoría B (18-30 anos)

1º premio ao equipo: (ordenador portátil)
ALICIA PAJÓN FERNÁNDEZ
MAITANE OBARRIO PALOMO
YASMINA FERREIRO LUGILDE

2º premio ao equipo: NABUCO (cámara dixital)
AURORA PAJÓN FERNÁNDEZ
MARÍA PENALONGA RAMALLAL
MARÍA NEIRA NEIRA

3º premio ao equipo: THE WINNERS (vale para libros)
ÁLVARO FREIJO PIÑEIRO
CORAL DOREGO RUÍZ


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova