Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre anuncia que o Arde Lucus celebrarase o 22, 23 e 24 de xuño


# Luns, 09/01/2012
O cartel anunciador sairá dun concurso aberto á cidadanía e do que remata o prazo para presentarse o proxecto o 29 de febreiro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, anunciou que a undécima edición do Arde Lucus, Festa de Interese Turístico de Galicia, vai ter lugar os días 22, 23 e 24, que cadra co último fin de semana de xuño.

Carmen Basadre explicou que a data escollida foi porque “non temos unha data fixa senón que o facemos dependendo de cando coincide a festividade do Corpus e este ano cadra xusto os dous fins de semana anteriores co cal non hai máis días dentro do mes de xuño.” Tamén quixo lembrar que esta festa naceu para conmemorar o solsticio de verán polo cal as datas desta celebración sempre son as máis próximas ao día 21 de xuño.

A Concelleira aproveitou para agradecer aos veciños, as asociacións culturais, as entidades públicas e privadas todo o apoio e o traballo que realizaron durante estes anos e invitounos a seguir participando na undécima edición da festa. Tamén destacou que “esta cita festiva se está consolidando como unha das actividades máis recomendadas a nivel español e europeo, polo que temos que seguir traballando para seguir mellorando en cada edición.”

Neste sentido, avanzou que xa mantivo as primeiras reunións con asociacións para comezar a traballar no Arde Lucus 2012 e que durante as dúas semanas previas se vai celebrar o Lucus Cultural, co que se pretende levar aos barrios diferentes talleres e actuacións para que todos os veciños se impliquen nesta festa de época romana.

Basadre salientou que “a pesares de reducir nun 15% o presuposto para esta festa non vai a baixar en calidade xa que apostaremos por unha maior implicación dos cidadáns” aínda que destacou que “teremos que tirar de imaxinación para seguir innovando e presentando un cartel sorprendente.”

Cartel Anunciador
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, informou que por primeira vez o cartel anunciador vaise seleccionar a través dun concurso de carteis aberto a toda a poboación que queira participar. O prazo para poder presentar os traballos é entre o xoves 12 de xaneiro e o 29 de febreiro e para seleccionar ao gañador valorarase o predominio da cor vermella como simboloxía do lume. O premio para o gañador é de 1.000 euros.

www.ardelucus.com




Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova