Imprimir

A CONCELLERÍA DE DEPORTES LEMBRA O CAMBIO DE RECORRIDO DA CARREIRA NOCTURNA DE REIS DO CIRCUÍTO CORRE CON NÓS


10/1/2012

Dende a Concellería de Deportes lémbrase o cambio de ubicación da próxima proba do Circuíto Corre con Nós. A Nocturna de Reis, que terá lugar o sábado día 14 de xaneiro, ás 19:00 horas, e que estaba prevista inicialmente no polígono de As Gándaras, trasládase ó seu antigo trazado do centro da cidade. O percorrido será por Ramón Ferreiro-Rúa Vilalba-Ronda Peonil-Rúa Anxel López Pérez, e contará coa colaboración das empresas de Lugocentrum que sortearán diferentes regalos entre os atletas que cheguen á meta.

A ubicación da organización estará situada dentro do aparcadoiro do Seminario Menor, e que actualmente é o edificio administrativo do Concello.

deportes.lugo.es