Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xa se comezou a instalar a nova sinalización turística de Lugo con fondos do Plan Urban


# Martes, 10/01/2012


Esta semana comezaron as obras para a instalación da nova sinalización turística da cidade de Lugo, que contou cun presuposto total de 75.000 euros, dedicados á elaboración do proxecto, á fabricación dos paneis e a creación de diferentes traballos audiovisuais que completarán estes soportes.

Ao longo desta semana, iranse instalando en zonas estratéxicas da cidade a cimentación que sosterá os 29 paneis previstos e que disporán de diferentes tipos de información. Desta maneira, 7 dos paneis serán planímetros, que se instalarán en zonas estratéxicas do casco histórico como Praza do Ferrol, Campo Castelo, San Pedro ou a Rúa Nova, conterán planos que detallan a situación xeográfica e como chegar aos diferentes monumentos. Tamén se instalarán 16 sinais de monumentos, nos que se inclúen a historia dos edificios e a súa evolución. Os 6 paneis restantes serán sinalizacións de direccións para que os visitantes atopen sen problemas os monumentos.

Toda a información dos paneis está en galego, castelán, inglés e en braille, tamén ten como novidade a posibilidade de acceder vía teléfono móbil con internet a unha serie de vídeos subtitulados nos que un personaxe histórico explica a historia do lugar a través de códigos QR.

www.lugo.es/urban






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova