Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

No programa de Almorzos Saudables participarán 2.000 nenos dos diferentes colexios de Lugo


# Xoves, 12/01/2012


Imaxe Asociada

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, presentou a novena edición da campaña Almorzos Saudables, que este ano se achegará a 2.000 nenos e nenas lucenses de entre seis e oito anos de 23 centros escolares públicos, privados e concertados.

Francisco Fraga explicou que “nesta actividade tamén colabora a Asociación Galega de Nutricionistas e Dietistas a través de información e axudarannos a presentar aos nenos e nenas a pirámide nutricional, os tipos de alimentos e para que aprendan desde novos a comer equilibradamente.”

Os obxectivos desta campaña, que dará comezo o vindeiro luns día 16 de xaneiro, son, segundo sinalou a Concelleira de Servizos Xerais, conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan do xeito máis saudable, é dicir, cun produto lácteo, que será fresco do día e que aportará a Gandería Quintia, froita, iogures e zumes de Eroski Center, e cereais ou pan de Ingapan. Como novidade este ano introdúcese o mel natural que aportan a Asociación Provincial Lucense de Apicultores.

Fraga explicou que “podemos estar contentos xa que nas enquisas que se fixeron apreciouse unha redución notable do consumo de produtos con alto índice de contido graso.” Dende a Concellería de Servizos Xerais, destacouse que nestes anos puido verse unha evolución positiva nos hábitos alimentarios dos máis pequenos. Así, e tendo en conta os datos recollidos no ano 2004 aos nenos e nenas sobre as súas costumes no almorzo, pode facerse un bo balance. No ano 2010, un 1,4% dos nenos enquisados non almorzaban nada fronte ao 4,59% dos nenos non o facían no 2004. Outro dato salientable é a redución en 3,6 puntos no consumo de produtos de bollería, pasando de un 15,8% en 2004 a un 12,2% en 2010.

O Concelleiro de Servizos Xerais avanzou que tamén se tratará o tema do uso da telefonía móbil e das redes sociais en estas idades, “xa que cada vez aumenta máis o número de usuarios con menos de 10 anos.”

www.lugo.es/ws/almorzossaudables

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova