A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral informa que xa se publicaron as listas definitivas das persoas admitidas e excluídas para a entrevista de selección do curso “Rehabilitación de espazos públicos en traballos con pedra” que terá lugar mañá venres 13 dende as 10:00 horas na Aula Multiusos do Espazo>Lab.
Este curso de formación para persoas desempregadas vaise desenvolver a través do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Laboral da Construción.