Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá celébrase a Carreira Nocturna de Reis nas rúas do centro da cidade


# Venres, 13/01/2012


Imaxe Asociada

Este próximo sábado 14 de Xaneiro de 2012 terá lugar a segunda proba do XII CIRCUITO LARSA CORRE CON NÓS, que acollerá aos 3200 inscritos ( 1674 adultos máis 1521 menores ) que agora hai no mesmo.

O circuíto transcurrirá polas rúas: Avda. Ramón Ferreiro, Avda Rodriguez Mourelo, Rúa Vilalba, Ronda Peonil e Rúa Ánxel López Pérez. A previsión da organización é que acudan 1800 atletas entre menores e adultos xa que é unha das probas máis atractivas do calendario do circuíto LARSA CCNOS por tratarse dunha carreira rápida, céntrica e nocturna.

A organización estará situada dentro do aparcamento do edificio administrativo de Seminario Menor en que se repartirá, en horario de 18:00 a 18:30, os dorsais e chips de todos aquelas persoas que non participaran anteriormente ou que non retiraran no seu momento. As carreiras comezarán en horario de 19:00 horas para a categoría Mini cunha distancia de 375 metros. Seguirase coa categoría A ás 19:10, trátase da categoría máis numerosa que percorren unha distancia de 800 metros. A categoría B, que o fará sobre unha distancia de 1600 metros será a partir das 19:20 horas e a última de menores, as categorías C e D correrán ás 19:30 sobre un trazado de 2000 metros.

A carreira estrela disputarase a partir das 19:40 horas, sobre una distancia de 4.050 metros por un trazado céntrico e rápido, que consiste o circuíto en dúas voltas.
Recordemos que na pasada edición venceron sobre un trazado similar ao actual en categoría masculina Nicolás Arrojo e en categoría feminina, Estefanía Dominguez.

Para incentivar a participación nesta edición sumáronse a Asociación de Comerciantes do Centro de Lugo, LUGOCENTRUM, que por medio dun dos asociados, a tenda de deportes Miguel Sport, donou 5 vales de material deportivo valorados en 50 euros cada un, que serán adxudicados para a carreira de adultos e que serán asignados aos postos 100, 200, 300, 400 e 500 da clasificación final .

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova