Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe felicitacións polo Premio Nacional de Comercio Interior 2011


# Venres, 13/01/2012


O Alcalde, José López Orozco, anunciou que recibiu as felicitacións da Asociación Española para a Xerencia de los Centros Urbanos (AGECU), polo Premio Nacional de Comercio Interior 2011, que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, outorgou ao Concello de Lugo, no mes de decembro, polo traballo realizado a través do Plan Urban en materia de comercio na zona histórica.

Estes premios representan unha oportunidade para recoñecer o importante traballo realizado polos concellos e asociacións de comerciantes de todo o Estado dirixido a facer máis atractivas e competitivas as zonas comerciais urbanas.

Esta asociación destaca “o traballo que realiza do Concello de Lugo xa que representa un exemplo na xestión da rexeneración urbana e da revitalización económica dos centros urbáns como un elemento clave para transformar un área urbana nunha zona comercial atractiva e diferenciada, desenvolver proxectos efectivos e duradeiros e prestar mellores servizos ás empresas e consumidores.”

López Orozco agradeceu esta felicitación a AGECU e incidiu en que “imos continuar con este traballo porque cremos en Lugo, nas nosas posibilidades e polo tanto no momento de crise debemos aproveitar as circunstancias para mellorar cada día máis.”

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova