Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco inicia o programa Almorzos Saudables no colexio Illa Verde


# Luns, 16/01/2012
Nesta novena edición participarán máis de 2.000 nenos de entre 6 e 8 anos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, inauguraron o noveno programa de Almorzos Saudables que hoxe comezaba no colexio público Illa Verde. Esta actividades está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 8 anos, para que coñezan a maneira máis saudable de alimentarse e evitar os malos hábitos.

López Orozco explicoulle aos nenos que “é moi importante almorzar ben e de maneira equilibrada xa que así conséguese un maior rendemento no colexio e tense máis enerxía para afrontar as actividades diarias.” Ademais recomendou que os nenos e nenas deben comer froita, lácteos e cereais para medrar con saúde e fortes.

Os obxectivos desta campaña é conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan do xeito máis saudable, cun produto lácteo, que será fresco do día e que aportará a Gandería Quintia, froita, iogures e zumes de Eroski Center, e cereais ou pan de Ingapan. Como novidade este ano introdúcese o mel natural que aportan a Asociación Provincial Lucense de Apicultores.

O programa Almorzos Saudables visitará os seguintes colexios ata o 7 de marzo:

COLEXIO PÚBLICO ILLA VERDE
Día: 16 de xaneiro.

COLEXIO LUIS PIMENTEL
Días: 17, 18 e 19 de xaneiro.

COLEXIO PUBLICO DE ALBEIROS
Día: 20 de xaneiro.

COLEXIO AS MERCEDES
Día: 23 de xaneiro.

COLEXIO INFANTÍL FINGOI, Nº 2
Día: 24 de xaneiro.

COLEXIO ANEXA PRÁCTICAS
Días: 25 e 26 de xaneiro.

COLEXIO PÚBLICO MANUEL MALLO MALLO
DE NADELA
Día: 27 de xaneiro.

COLEXIO MENENDEZ PELAYO
Días: 30 e 31 de xaneiro.

COLEXIO DE FINGOI
Día: 1 de febreiro.

COLEXIO GALÉN
Día: 2 de febreiro.

COLEXIO QUIROGA BALLESTEROS
Días: 3, 6 e 7 de febreiro.

COLEXIO MARÍA AUXILIADORA
Días: 8 e 9 de febreiro.

COLEXIO DA PONTE
Día: 10 de febreiro.

COLEXIO DE CASÁS
Día: 13 de febreiro.

COLEXIO CERVANTES
Día: 14 de febreiro.

COLEXIO ROSALIA DE CASTRO
Días: 15 e 16 de febreiro.

COLEXIO DIVINO MAESTRO
Día: 17 de febreiro.

COLEXIO VIRXEN DA SOEDADE EN AS GÁNDARAS
Día: 23 de febreiro.

COLEXIO DA MILAGROSA
Día: 24 de febreiro.

COLEXIO HERMANOS MARISTAS
Días: 27 e 28 de febreiro.

COLEXIO PADRES FRANCISCANOS
Días: 29 de febreiro e 1 de marzo.

COLEXIO SALESIANO DIVINA PASTORA
Días: 2 e 5 de marzo.

COLEXIO DE PARADAI
Dias: 6 e 7 de marzo.

www.lugo.es/ws/almorzossaudables

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova