Cargando....
Concello de Lugo
25/09/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá comeza a obra da segunda fase da Rúa Otero Pedrayo


# Luns, 16/01/2012
Tratase do tramo que vai desde intersección coa Rúa Rio Eo ata a intersección coa Rúa Rio Sil

Paz Abraira ultimou coa Comisión de Tráfico e a empresa adxudicataria os detalles para que as molestias aos veciños foran as menos posibles.


O martes 17 comezan a traballar na obra de pavimentación e posta en marcha de servizos da Rúa Otero Pedrayo, no tramo que vai desde a intersección con Rio Eo ata a intersección con Rio Sil.

O proxecto encádrase dentro do marco de actuacións municipais de renovación de tuberias de abastecemento de fibrocemento por novas tuberías de fundición, así como renovación de canais e tuberias de saneamento que na actualidade ocasionan filtracións de augas fecais no terreno. A renovación conleva ademais a renovación de pavimentos, así como a execución da obra civil necesaria para as canalizacións de alumeado público.

Nunha fase anterior executouse o tramo comprendido entre a Avda. da Coruña e a rúa Rio Eo.

Esta obra esta enmarcada dentro dun convenio coa Deputación Provincial de Lugo. A empresa adxudicataria é SANLE, ascendendo o contrato a un montante de 215.236,99 €. O prazo de execución é de 5meses.

Tráfico

As previsións de desenvolvemento da obra son que comecen a traballar inicialmente polas beirarrúas, para a continuación acometer os servizos da calzada, feitos ambos que convivirán co tráfico. Aproximadamente dentro de 2 meses realizarase a pavimentación da calzada o que si alterará o tráfico nesta rúa, polo os servizos de enxeñería do Concello xa están a traballar coa empresa adxudicataria na planificación do mesmo, coa finalidade de que cause as menos molestias posibles a veciños e residentes.

Rúa da Industria

Este luns día 16 a Concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, Paz Abraira, manterá unha reunión cos empresarios da Rúa da Industria, na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Ceao. A concelleira nacionalista explicará polo miúdo as obras que se farán e o plan de tráfico elaborado polos técnicos para incidir minimamente na actividade empresarial da rúa, e contestará as dubidas prantexadas.

A obra comezará o próximo luns día 23 e conta cun orzamento de 237.551,77 € IVE incluído.

Coñeza os proxectos en execución.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova