Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco dá o seu pésame polo falecemento de Manuel Fraga


# Luns, 16/01/2012


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo público o pésame polo falecemento de Manuel Fraga Iribarne, “tanto a súa familia como ao Partido Popular, xa que era un líder carismático deste partido“. O rexedor lucense fixo unha valoración da súa traxectoria política “xa que foi capaz de pasar da ditadura á democracia e integrar a xente que participou no franquismo, por iso penso que fixo unha gran labor neste sentido e a democracia ten que estar agradecida.”

López Orozco tamén recordou que “como Alcalde teño que dicir que sempre tiven boa relación con el e sabía respectar as institucións por riba de todo” ademais de que Lugo tamén lle debe algún dos proxectos cando era Presidente da Xunta e que aínda non se remataron como o Plan Paradai, ou o Auditorio.

Xa no aspecto máis persoal, José López Orozco, incidiu en que “sentía aprecio pola súa persoa e respecto institucional, a Lugo nunca veu Fraga sen antes avisar ao Alcalde, aínda que non participase no acto.”

Dende o Concello de Lugo, onde a bandeira de Galicia ondeará a media asta durante os tres próximos días, tamén se enviou unha carta de condolencia á familia e ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova