Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo é a primeira cidade de Galicia que dispón do sistema QR nos novos paneis turísticos informativos


# Martes, 17/01/2012
Os visitantes atoparán 29 sinais informativas no centro histórico que aportarán diferentes tipos de datos sobre a cidade e a súa evolución

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, o Primeiro Tenente de Alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, fixeron un percorrido por algunhas das novas sinais turísticas que se poden ver polo centro histórico. Esta actuación contou cun presuposto total de 75.000 euros dedicados á elaboración do proxecto, á fabricación dos paneis e á creación de diferentes traballos audiovisuais e que foron con cargo ao Plan Urban.

López Orozco destacou que “somos a primeira cidade de Galicia e unha das primeiras de España que incorporamos ás sinais turísticas informativas o código QR que permite descargar a información en vídeo”. Desta maneira os turistas, sempre que teñan descargada a aplicación no seu teléfono, poderán coñecer máis datos sobre os monumentos da cidade explicados por personaxes históricos vinculados a Lugo como a raíña Isabel II, o Apostolo Santiago, San Vicente Ferrer ou o Bispo Izquierdo.

O deseño dos paneis e a cor seleccionada, que son o verde, marrón e gris, escolleuse acorde cos tonos da Muralla para que destaquen os monumentos e non a sinalización, segundo explicou o Alcalde de Lugo. Ademais a información de todos os paneis e os vídeos, pode ser consultada en galego, castelán, inglés e braille.

En total foron instalados, en diferentes puntos estratéxicos da cidade, 29 paneis informativos que disporán de diferentes tipos de información. Desta maneira, haberá seis paneis direccionais situados nas rúas Bispo Aguirre, Bispo Basulto, Campo Castelo, Praza Maior, Rúa da Cruz e praza Casas Novas. Tamén nos poderemos atopar sete planímetros que se sitúan nalgunha das portas da Muralla, como son as de Bispo Aguirre, Porta Nova, San Pedro e Campo Castelo, e nas prazas de Santa María, na da Soidade e na do Ferrol. Finalmente, os outros 16 paneis informativos están situados en diferentes portas da Muralla como son a de San Fernando, a do Hospital ou Bispo Odoario, na de Santiago, na da Estación e na porta Falsa ademais de poder velos en diferentes monumentos da cidade como son no Pazo dos Saavedra (Pazo da Maza), na Praza do Campo, no Pazo de Orbán, no xardín do Museo Provincial, na Antiga Cárcere, na Casa do Concello, no convento de Santo Domingo, na igrexa A Nova, na igrexa dos Franciscanos e nos pazos de San Marcos e de Osorio (Pazo Episcopal).

Neste proxecto participaron os arquitectos Ángeles Castro e Raúl Veiga e o deseñador gráfico Luis Montero que deseñaron os paneis, a empresa Imaxina que levou a cabo a elaboración do material audiovisual e a empresa Teva Señal que foi a encargada da instalación.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova