Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco resalta a importancia da colaboración cos emprendedores nunha recepción a empresarios de Chile


# Xoves, 19/01/2012


Imaxe Asociada

O CEI-Nodus foi obxecto de estudo por parte dos chilenos como exemplo de funcionamento de viveiro de empresas tecnolóxicas

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presidiron a recepción a empresarios chilenos no CEI-Nodus, que participan nunha estancia formativa organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Comité Fondo de Innovación Tecnológica de la Región del Bío-Bío en Chile.

Neste encontro, López Orozco, explicoulles a creación e funcionamento do CEI e da “importancia que ten o emprendedor para saír da crise, dende as institucións debemos apoiar a este sector que contribúe de maneira importante á creación de novos postos de traballo”. O programa do día consistiu na visita das instalacións do viveiro de empresas do CEI-NODUS, o funcionamento das empresas que están instaladas actualmente e, a continuación, mantiveron o encontro cos representantes municipais no que tamén participaron Beatriz Varela, presidenta da Asociación de Empresarias, e Santiago Seijas, Presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios.

López Orozco tamén salientou que “nós estamos moi contentos co resultado que deu este viveiro de empresas tecnolóxicas, xa non só polo noso traballo senón porque tivo éxito, xa que podemos dicir que hai moitos empresarios que hoxe o son porque aproveitaron esta oportunidade”. O Alcalde informou que “grazas ao CEI se crearon máis dun cento de empresas que xeraron autoemprego e emprego para persoas que hoxe teñen traballo grazas a eses emprendedores e á colaboración que recibiron por parte do Concello.”

Posteriormente, os 14 empresarios chilenos participaban nunha reunión con empresas de Lugo como Animatium Expansion, IMBRIS, Lustrum Abogados, XTCYOURLIFE, Delicium Tremens, Iskoo Publicidad, Frigoríficos Lea, Asin Informática, Academia peluquería Attelier, autoescola Avenida, INDE, Bandua War Games, Ams Lab, Imaxeplus, 2XMIL, Calor Verde, Aimaxina, Xesproturga, Aporta e Sopegalia. Durante estes días terán encontros con persoal de empresas innovadoras, visitas a institutos tecnolóxicos, centros de emprendemento e empresas que permitirán un intercambio de coñecementos entre lucenses e chilenos.

cei.lugo.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova