Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe asinouse o convenio coa USC da cesión dos terreos para a creación da Aula de Produtos Lácteos


# Venres, 20/01/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
López Orozco salientou que “é a segunda parcela que cedemos para o CETAL xa que consideramos que contribuímos ao desenvolvemento da cidade”.

O Alcalde, José López Orozco, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan José Casares Long, asinaron un acordo de mutación demanial da parcela 10T mazá J do sector Sur-K para a construción e posterior equipamento científico-tecnolóxico das novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos.

López Orozco explicou que “esta é a segunda parcela que o Concello cede á Universidade para que se siga ampliando o Centro Tecnolóxico Agroalimentario, xa que dende hai tempo ven apostando pola Aula de Productos Lácteos que está ofrecendo excelentes resultados”. Desta maneira, dende o Concello de Lugo contribúese ao desenvolvemento da cidade e da provincia xa que se posibilita a opción de traballar coa materia prima fundamental da nosa provincia, o leite.

Neste acordo, que non altera a titularidade da parcela, manifestase como condicións que a encargada da realización de todas as obras e instalacións necesarias será a cargo da Universidade. Outra das medidas do acordo é que se a parcela non se destina ao uso previsto nun prazo de 5 anos, o terreo con todas as súas pertenzas e accesións reverterá no Concello. Esta reversión tamén será efectiva en caso de que se deixe de prestar o fin para o que está previsto. A parcela conta con 4.751 metros cadrados e que está situada a carón dos novos edificios do Cetal.

O Alcalde de Lugo destacou que “queremos potenciar ese poder investigador da USC xa que o consideramos moi importante e primordial para o futuro da nosa cidade” e lembrou que “Lugo é unha cidade romana, é a cidade do Sacramento, pero tamén é universitaria, o que significa, investigación, innovación, desenvolvemento e facer unha aposta clara pola materia prima que é o coñecemento humano”.

Pola súa parte, Juan Casares Long explicou que “unha das miñas prioridades dende que estou neste cargo é poñer en marcha un centro no que se unisen as capacidades do Cetal, do antigo Cetil e da Aula de Produtos Lácteos para potenciar a importante investigación que se está levando a cabo no Campus de Lugo en materia referida ao primeiro sector.” O Reitor da USC tamén informou que o presuposto para a construción, equipamento e instalacións deste edificio é de case 9 millóns de euros, procedentes de fondos FEDER.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova