Imprimir

PUBLICADA A LISTA DE ADMITIDOS Ó CURSO DE FORMACIÓN EN CANTARÍA


20/1/2012

O Concello de Lugo vén de publicar a relación de persoas admitidas ó curso de Rehabilitación de espazos públicos en traballos de pedra.

Esta iniciativa é froito dun convenio asinado polo Concello, a Deputación provincial e a Fundación Laboral da Construción co obxectivo de dar formación 15 persoas desempregadas nun oficio con demanda laboral.

O curso desenvolverase dende o día 1 de febreiro ata o mes de xuño e terá lugar nas instalacións da Fundación Laboral da Construcción.

A relación de persoas admitidas pódese consultar na web do Concello www.lugo.es.