Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco anunciou que dende hoxe se implanta unha nova reestruturación da Policía Local


# Luns, 23/01/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde resaltou que esta medida “agardo que por pouco tempo, non afectará ao corpo de seguridade nas súas tarefas polo que os veciños poden seguir confiando no seu traballo”

O Alcalde, José López Orozco, anunciou que dende hoxe 23 de xaneiro se implanta unha nova reestruturación da Policía Local para dar cumprimento á sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que establece que se volva ao modelo antigo de estrutura no corpo de seguridade.

López Orozco explicou que “por sentencia xudicial anulouse a adscrición de policías locais á nova reestruturación, que está aprobada polo Pleno e polo Tribunais, co cal no día de hoxe entrou en vigor a antiga estrutura do corpo de seguridade.” Proximamente, o Concello levará a cabo as instrucións dadas polo Tribunal para facer a adscricións dos policías á nova reestruturación, que se implantará segundo a Lei de Coordinación de Policía Local de Galicia, “polo que esta modificación vai ser cousa de pouco tempo”, segundo declarou o rexedor lucense.

O Alcalde lembrou que “o que dita a sentenza é que, para evitar a arbitrariedade, faise necesario que o Xefe da Policía Local elabore un informe no que se teña en conta a folla historial dos servizos de cada axente”. Ademais engadiu que “os postos vanse reasignar segundo o informe e a elección que fagan os axentes, que estarán ordenados pola súa puntuación na oposición e a antigüidade no corpo”, seguindo a orde xerárquica que marca a oposición.

“Quería transmitir tranquilidade aos cidadáns porque a Policía Local vai seguir traballando e non vai a haber problemas no que se refire aos servizos que lle presta á comunidade, aínda que esta sexa unha fase transitoria e que durará pouco tempo” segundo deu a coñecer López Orozco.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova