Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O carril de subida da rúa Otero Pedrayo permanecerá cortado ata finais de abril por mor das obras de renovación e repavimentación


# Martes, 24/01/2012
Tratase do tramo que vai desde intersección coa rúa Rio Eo ata a intersección coa rúa Rio Sil. Durante o tempo que duren os traballos só se permitirá a circulación en sentido descendente

Este corte, inicialmente non previsto, fíxose necesario tecnicamente pola situación das canalizacións existentes

O carril de subida da rúa Otero Pedrayo cara a Avenida da Coruña no tramo comprendido entre Río Eo e Río Sil permanecerá cortado á circulación ata finais do mes de abril como consecuencia das obras de renovación de firme e canalizacións que se están levando a cabo.

O pasado martes día 17 comezouse a traballar nesta obra, que conta cun orzamento de 215.000 euros. As previsións iniciais de desenvolvemento da obra eran que se comezase a traballar en primeiro lugar polas beirarrúas, para a continuación acometer os servizos da calzada, feitos ambos que convivirían co tráfico. Sen embargo, unha vez comezadas estas obras a empresa adxudicataria valorou a necesidade de comezar pola calzada, debido a existencia de servizos de gas, enerxía e telecomunicacións que dificultaban a planificación inicial, e a conveniencia de realizar primeiramente o saneamento.

Por causa disto, o sentido de circulación de descenso que vai da intersección de Rio Eo con Rio Sil permanecerá cortado polo menos ata finais de abril. Primeiramente afectará ao carril de descenso para dentro de mes e medio trasladar os traballos para o carril contrario. De tódolos xeitos o sentido de circulación permitido durante este período sempre será o de descenso. Aos residentes con vaos facilitaráselles en todo momento a entrada, agás cando os traballos afecten xusto enfronte dos mesmos, que se limitará o horario de acceso e saída.

O proxecto encádrase dentro do marco de actuacións municipais de renovación de tuberias de abastecemento de fibrocemento por novas tuberías de fundición, así como renovación de canais e tuberias de saneamento que na actualidade ocasionan filtracións de augas fecais no terreo. A renovación conleva ademais a renovación de pavimentos, así como a execución da obra civil necesaria para as canalizacións de alumeado público. A empresa adxudicataria é SANLE, ascendendo o contrato a un montante de 215.236,99 €. Nunha fase anterior executouse o tramo comprendido entre a Avda. da Coruña e a rúa Rio Eo.

Os cidadáns e os automobilistas teñen puntual información sobre o estado das obras e os cortes de tráfico na web www.lugo.es.

Coñeza o estado das obras e os proxectos en execución.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova