Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo preside a Comisión de Seguridade e Convivencia Cidadá da FEMP que se constituíu hoxe en Madrid


# Martes, 24/01/2012
López Orozco explicou a iniciativa do Concello de Lugo que utiliza o alumeado de cruce tamén de día nos vehículos municipais para mellorar a seguridade viaria

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, preside a Comisión de Seguridade e Convivencia Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias, que quedou constituída hoxe, nunha xuntanza celebrada en Madrid.

Na reunión, López Orozco explicoulle ó resto dos membros da Xunta de Goberno da Comisión a iniciativa que puxo en marcha o pasado día 1 o Concello de Lugo para mellorar a seguridade viaria pola que todos os vehículos municipais e de empresas que prestan servizos ó Concello levan prendido o alumeado de cruce tamén durante o día.

Entre os acordos tomados nesta primeira xuntanza, acordouse establecer como dous dos principais obxectivos da Comisión un Sistema Público de Seguridade que permita unha coordinación maior e máis eficaz entre os corpos e forzas de seguridade e a adopción de acordos entre Administracións para o desenvolvemento de planes e programas conxuntos de prevención e actuación.

A Comisión continuará durante este mandato a colaboración co Ministerio do Interior para a aprobación nos concellos dos seus respectivos regulamentos das Xuntas Locais de Seguridade e dos Consellos Locais de Seguridade, así como para que os concellos se asocien para a prestación do servizo de policía local.
Nestes catro anos, a Comisión seguirá a implantación da Ordenanza Tipo de Seguridade e Convivencia Cidadá e ten prevista a elaboración dun mapa municipal e dun banco de experiencias locais sobre esta materia. Ó mesmo tempo, participará nos traballos de deseño do Plan de Acción para a Seguridade Vial, no seo da Comisión Mixta integrada por técnicos da DXT e da FEMP.

A Comisión que preside López Orozco tamén favorecerá o desenvolvemento nos municipios dos chamados Pactos Cívicos pola Convivencia e, nun terreo máis concreto, pedirá unha acción coordinada de Interior e as Entidades Locais sobre o exercicio da prostitución na vía pública, en torno ás propostas elaboradas pola FEMP.

Así mesmo, reclamará que a vixilancia e a presenza activa nas zonas de “botellón” se leve a cabo de forma conxunta polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, policía autonómica e policías locais.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova