Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a XIII Conferencia Anual Plácido Castro


# Mércores, 25/01/2012
Plácido Castro foi secretario de relacións internacionais do Partido Galeguista e tivo que exiliarse en Londres ao rematar a Guerra Civil

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O acto, ao que asistiu o tenente alcalde, Antón Bao, contou co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Lugo

Unha análise da visión de Plácido Castro a propósito da saudade e da súa singularidade na percepción do galeguismo do pasado século centrará a XIII edición da Conferencia Anual Plácido Castro que por primeira desprázase a Lugo. O acto, que conta co apoio da Concellería de Cultura e que contou coa asistencia do tenente alcalde, Antón Bao, tivo lugar no Salón de Actos da Deputación.

A Conferencia é unha iniciativa da Fundación Plácido Castro que cada 25 de xaneiro, coincidindo co natalicio deste autor, quen fora tamén secretario de relacións internacionais do Partido Galeguista, aborda algunha cuestión relacionada coa súa traxectoria ou o seu ideario.

Para Plácido Castro, a saudade é parte do ADN dos galegos e lonxe das caracterizacións ao uso, reafirma os seus valores positivos ata o punto de significalos como un acervo irrenunciable da nosa identidade e un activo inspirador do progreso social e espiritual.

A conferencia será desenvolvida por Miguel A. Martínez Quintanar, doutor en filosofía pola USC e profesor no IES Ánxel Fole de Lugo. En anteriores edicións teñen participado Ramón Lugrís, Igor Ahedo, Fernando Pérez-Barreiro, Valentín Arias, Luís A. Pousa ou Ramón Villares, entre outros.

A Fundación, creada en 2001, está constituída polos concellos de Corcubión (onde naceu en 1902), Vilagarcía de Arousa (onde traballou trala súa segunda volta de Londres), e Cambados (onde faleceu en 1967), así como pola Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).

Tradutor e loitador polo recoñecemento internacional de Galiza

Plácido Castro foi unha figura poliédrica que se desenvolveu, principalmente, no campo do xornalismo (dende El Pueblo Gallego á BBC), da tradución (cunha versión excepcional de As Rubaiyat de Omar Kayyam, por exemplo) ou na política (formando parte da dirección do Partido Galeguista dende a súa creación ata 1936). Foi represaliado trala Guerra Civil e exiliouse en Londres ata 1956. Entre outros méritos ten o de lograr o recoñecemento de Galiza como país na Sociedade de Nacións da ONU, ou o de se precursor na tradución ao galego de textos la literatura universal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova