Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga presentou o I Curso de Alfabetización Dixital que se realizará con voluntarios


# Xoves, 26/01/2012
Esta acción forma parte dun programa de actividades que realiza a Oficina de Voluntariados do BBVA

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, acompañado por Javier Vázquez Fernández, Director de zona Lugo-Ourense do BBVA, e Francisco Martín Fernández, director do CBC de Lugo, presentaron o primeiro curso de alfabetización dixital que se levará a cabo a través da Oficina de Voluntarios do BBVA. As persoas que impartirán o curso son voluntarios en activo ou xubilados que desenvolveron as súas labores profesionais en postos relacionados coas novas tecnoloxías.

Francisco Fraga, explicou que “é a primeira acción que se fai na aula de informativa do centro María Balteira, que está moi ben dotada e que se vai a inaugurar con este curso xa que, ata o momento só se fixeran na aula de informática do Castiñeiro”. Do mesmo xeito adiantou que “tamén se fará un curso de fotografía e, dende o Concello, intentamos que esta parte da cidade dispoña dunha estrutura informática para que a xente poida facer cursos e incluso que o poidan usar as asociacións”.

O Concelleiro de Servizos Xerais comentou que “este curso tivo moito éxito xa que se presentaron case 150 persoas para 20 prazas” e solicitou que se fagan máis cursos de este tipo en colaboración co BBVA. O curso impartirase entre o 6 e 23 de febreiro e serán tres semanas nas que se impartirán nocións básicas sobre informática, uso de internet e correos electrónicos, procura de emprego e elaboración de curriculum e redes sociais.

Por outra parte, Javier Vázquez Fernández explicou que “somos voluntarios BBVA que estamos compostos por persoas en activo, xubilados e prexubilados. Esta acción de alfabetización dixital, forma parte doutros programas e accións que estamos desenvolvemos a nivel de España”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova