Imprimir

ESTE DOMINGO CELÉBRASE O TORNEO DE REIS DE XADREZ


27/1/2012

A Concellería de Educación, informa que este domingo terá lugar o tradicional Torneo de Reis de Xadrez na Casa da Xuventude entre as 16:30 e as 20:00 horas.

O obxectivo que se persegue é dar alternativas de lecer onde poidan participar toda a familia nas épocas de vacacións e, ó mesmo tempo, crear un espacio de convivencia entre as mozas e mozos que comparten as mesmas inquedanzas.

Todos os participantes xogarán cinco partidas e haberá un pequeno agasallo para eles e trofeos e medallas para os mellores clasificados nas seguintes categorías:

-Sub 8
-Sub10
-Sub12
-Sub14
-Sub18
-Familiares e acompañantes.

A inscrición é gratuíta e pódese facer no teléfono 657 974 937, ou a través da dirección de correo electrónico: xaquedrum@gmail.com
Máis información en www.xaquedrum.es