Imprimir

O ALCALDE ASISTIU Ó ACTO ACADÉMICO DA USC QUE CONMEMOROU A FESTA DE SANTO TOMÁS DE AQUINO


27/1/2012

O Alcalde, José López Orozco, acompañado por outros membros da Corporación Municipal, participou hoxe nos actos conmemorativos da festividade de Santo Tomás de Aquino organizados pola Universidade.

O acto central organizado pola USC tivo lugar esta mañá no campus de Lugo, na Escola Politécnica Superior, e foi presidido polo Reitor, Juan Casares Long.

A festividade de Santo Tomás de Aquino conmemorouse cun acto académico no que impartiu a lección maxistral, que tratou sobre “A Biometría aplicada á prevención de incendios forestais” o profesor Juan Gabriel Álvarez González . Despois pronunciou un discurso o Reitor e o acto rematou coa interpretación do Gaudeamus Igitur polo Coro universitario.