Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco visitou as obras realizadas no parque Rosalía de Castro


# Venres, 27/01/2012
O Alcalde lembrou que Cultura non permite pechar o parque a unha determinada hora sen embargo “todos os parques importantes de España e Europa si o fan”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, visitaron as obras de remodelación que se levaron a cabo no parque Rosalía de Castro e que se deseñaron mediante un Plan Director elaborado por investigadores da USC, arquitectos e historiadores. Este proxecto, que se dividiu en tres áreas, contou cun investimento de máis de 2 millóns de euros procedentes dos fondos FEIL 2010.

López Orozco explicou que “sinto un especial cariño polo parque e o que buscamos é que volva ter esa imaxe emblemática que tivo nos seus comezos por iso quixemos darlle a prestancia que sempre tivo e poder desfrutar del”.

O Alcalde tamén quixo lembrar que “dende a Consellería de Cultura non se nos deixou cerrar o parque decisión que está recurrida” e insistiu “en que os parque máis importantes de España e de Europa se pechan a determinadas horas para que non sufran deteriores innecesarios, ¿por qué en Lugo non?”

Grazas a este Plan Director do parque Rosalía de Castro conseguiuse a renovación, conservación e restauración dos elementos orixinarios e arquitectónicos como son as fontes, escaleiras ou os estanques. Ademais instaláronse circuítos cerrados de auga nas fontes, melloráronse os estanques para os patos, e acondicionouse o templete da música. Nesta primeira serie de accións tamén se renovou o sistema de saneamento do parque xa que as tuberías estaban inservibles nalgúns tramos debido á presión das raíces das árbores.

A segunda acción que se levou a cabo foi un estudo fitopatolóxico e biomecánico das máis de 100 especies arbóreas coas que se puido coñecer o estado actual da flora. Ademais tamén se instalaron novas zonas de xogos infantís e zona de actividades biosaludables e levouse a cabo a restauración do mapa da Península Ibérica que data do ano 1929, co que se complementa as actividades das que se pode desfrutar no Parque.

A última actuación, é unha das obras máis destacadas, foi a recuperación da entrada orixinal do parque grazas ao traslado da nova cafetería-restaurante deseñada polo arquitecto César Portela. Esta nova instalación está elaborada de láminas de madeira no exterior e grandes cristaleiras para integrarse no entorno, sobre a que dixo, López Orozco, que “un parque emblemático necesita ter unha cafetería emblemática”.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova