Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo presenta a súa candidatura a Cidade Española da Gastronomía 2012


# Luns, 30/01/2012
O Concello de Lugo encabeza esta iniciativa na que colaboran a vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación Provincial de Hostalería

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Lugo compite con outras cidades como Donosti, Salamanca, Logroño ou Oviedo, que tamén concorren a este certame

Lugo aspira a ser Capital da Gastronomía 2012. O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, presentou hoxe a candidatura presentada pola cidade de Lugo a este certame auspiciado pola Federación Española de Hostalería (FEHR) e a Federación Española de Periodistas y Escritores de Turismo (FEPET) para escoller a Capital Española da Gastronomía 2012. A candidatura presentada pola cidade de Lugo, en colaboración coa área de Turismo da Deputación, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galiza e a Asociación Provincial de Hostalaría, engloba ademais as denominacións de orixe que ofrece a provincia de Lugo.

Antón Bao explicou que “este certame ofrece unha oportunidade extraordinaria para promocionar a gastronomía lucense, non só a nivel estatal, senón tamén a nivel internacional, xa que vai ser un evento publicitado en todo o mundo”. Un dos principais atractivos turísticos dos que pode presumir Lugo é a calidade da gastronomía, e resulta un proxecto ambicioso, pero asumible, posicionarnos no mercado turístico mundial como un destino gastronómico, engadiu o edil, quen sinalou que “precisamente, segundo os datos recadados pola Secretaría Xeral de Turismo referentes ao ano 2010, dos 59,2 millóns de turistas que chegaron a España, a visita de cinco millóns de viaxeiros estivo relacionada con algunha actividade gastronómica”.

Acompañado pola Xefa Territorial de Presidencia, Marta Barreiro Castro, a Xefa de Turismo, Paloma Vázquez, polo delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro e polo Presidente da Asociación Provincial de Hostalería, José Francisco Real, o tenente alcalde anunciou que o Concello de Lugo encabeza esta candidatura “pero que é froito do esforzo común que sumamos coa área de Turismo da Deputación e coa APEHL, xa que se trata de por en valor o patrimonio gastronómico de Lugo”.

Os tres comparecentes coincidiron en destacar que resulta unha gran oportunidade para Lugo e en ser coñecedores de que esta concorrencia vai ser unha tarefa ardua e complexa, xa que Lugo vai competir con outras cidades que tamén teñen moito que ofrecer en materia gastronómica como son Oviedo, Donosti, Salamanca ou Logroño. “Pero confiamos no potencial de Lugo, no talento dos seus cociñeiros, na profesionalidade do sector e, sobre todo, na calidade dos nosos produtos que, para o consumidor, constitúe a mellor garantía da composición e da presentación do produto final” puntualizou Antón Bao, que destacou a gastronomía como un dos tres pés do turismo en Lugo, xunto coa historia e a natureza.

Trece denominacións de orixe

Precisamente son as materias primas e os ingredientes utilizados, os que lle outorgan á gastronomía lucense un conxunto de características e propiedades específicas, tanto dende a perspectiva da calidade comercial como dende a calidade diferenciada. Neste último ámbito, Lugo conta con distintos produtos de referencia, distinguidos con figuras de protección da calidade alimentaria de ámbito europeo, como diversas Denominacións de Orixe Protexida (DOP) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXT), ademais de ser unha rexión referente na produción da agricultura ecolóxica certificada.

Este vai ser un dos piares nos que se sustenta a defensa da candidatura e neste punto é onde se pediu o apoio das DOP e das IXT á candidatura de Lugo como Capital Española da Gastronomía (CEG). Froito destes contactos acadouse o respaldo de:

- Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) - Consello Regulador da IXP Castaña de Galicia
- Consello Regulador da IXP Lacón Gallego
- Consello Regulador da IXP Mel de Galicia
- Consello Regulador da DOP Ribeira Sacra
- Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia
- Consello Regulador da IXP Ternera Gallega
- Consello Regulador da DOP Queso de Arzúa-Ulloa
- Consello Regulador da DOP Queso do Cebreiro
- Consello Regulador da DOP Queixo de Tetilla
- Consello Regulador da DOP Queso San Simón da Costa
- Consello Regulador da DOP Augardente e Licores de Galicia
- Consello Regulador da IXP Faba de Lourenzá

Ademais, a Confederación de Empresarios de Lugo, a Cámara de Comercio de Lugo, a Federación Gallega de Comercio, a Federación de Comercio de Lugo e a Asociación Lugo Centrum tamén manifestaron o seu apoio a través de cartas enviadas ao Tenente de Alcalde, Antón Bao, que aproveitou a ocasión para agradecer a todas estas institucións a súa valiosa colaboración.

Calidade, tradición e honestidade

Para participar, dende a concellería de Turismo, a APEHL e a área de Turismo da Deputación provincial preparouse un dossier no que se glosan os puntos fortes da gastronomía de Lugo que se poden resumir en tres conceptos: “calidade, tradición e honestidade”. A fusión da horta galega, a pesca do Cantábrico e a gandería autóctona permiten crear pratos de sabores poderosos e harmónicos e de saudables aportes nutritivos. Este é un dos motivos polos se poden cualificar de honesta á cociña lucense: pois non ten máis pretensión que a de ofrecer o sabor auténtico conseguido co máximo respecto aos tempos de cocción e polo amor ao produto, porque como é da terra quérese e valórase como propio.

Outro dos puntos fortes que destacou Antón Bao foi o éxito de participación, tanto de público como de establecementos colaboradores, en todos os eventos gastronómicos que se organizan na cidade como os Concursos de Tapas, as Xornadas Gastronómicas ou os menús gastronómicos de tempada que se empezaron a celebrar na pasada ponte de decembro. Precisamente nesta liña, serán as actividades que se programen en caso de resultar a cidade gañadora, potenciando sobre todo lazos de colaboración coa agricultura ecolóxica e as DOP e IXT.

Para rematar, o edil explicou que mecánica do concurso, segundo indican as bases, é sinxela e o gañador goza dun mandato anual como Capital Española da Gastronomía. A organización do concurso anuncia que o gañador do certame será seleccionado o próximo venres, 3 de febreiro.

Para máis información pódese visitar a web www.capitalespanoladelagastronomia.es


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova