Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo para participar no III Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais e o II Certame Toda unha vida


# Luns, 30/01/2012
O prazo para a presentación dos traballos remata, en ambos casos, o día 1 de marzo e poderanse presentar na Casa da Muller e no Uxío Novoneyra

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou dúas novas edicións de certames en materia de igualdade dirixidos a distinto público xa que “consideramos que debemos poñer en valor esas ideas que ten que ter unha sociedade que se chame democrática como é o respecto e o valor da igualdade entre as persoas de diferentes sexos”.

Desta maneira, Basadre anunciou o III Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que se enmarca dentro das actuación do Plan de Igualdade do Concello de Lugo, e que ten o obxectivo de promover o valor da igualdade entre homes e mulleres dende a infancia. Este certame está aberto a rapaces e rapazas con idades entre os 12 e 18 anos que deberán presentar os seus traballos nun máximo de 5 folios, en lingua galega e que o seu baseamento sexa sobre aspectos coa igualdade entre homes e mulleres. Os premios estarán divididos en dúas categorías, a primeira de 12 a 14 anos con premios valorados en 200, 100 e 60 euros, e unha segunda de entre 15 e 18 anos, cun premio valorado en 250, 150 e 100 euros. Os traballos serán enviados á Casa da Muller antes do día 1 de marzo.

Por outro lado, co gallo da celebración do 8 de marzo Día Internacional das Mulleres, convócase o II Certame de Narrativa para Mulleres Toda unha vida, na que poderán participar mulleres maiores de 60 anos e que teñan interese por compartir as súas experiencias. Os traballos poderán estar en lingua galega ou castelá e haberá un premio valorado en 300 euros e a publicación do mesmo. Os traballos poderán entregarse na Casa da Muller ou no 3º Andar do Centro de convivencia “Uxío Novoneyra”. Os premios serán entregados no transcurso dun acto que se anunciará oportunamente, coincidindo coa celebración do 8 de marzo: “Día Internacional das Mulleres”.

Carmen Basadre tamén quixo lembrar “por se algunha familia aínda non ten coñecemento, o Punto de Información Xuvenil do Castiñeiro reabriu hai máis dunha semana despois das vacacións de Nadal, polo que se seguen desenvolvendo aulas de apoio aos nenos de primaria no Castiñeiro e de secundaria no Local Social Díaz Castro”.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova