Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Foro da Axenda 21 reunirase a finais de febreiro para retomar os traballos iniciados no ano 2007


# Martes, 31/01/2012
Esta mañá reuniuse a Comisión de Avaliación e Seguimento e nos próximos días farase unha análise área por área do grao de cumprimento dos distintos aspectos do Plano de Acción

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Foro convocado para finais de febreiro será aberto á participación de asociacións e de toda a cidadanía

A concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, di que o obxectivo é poñer en marcha pequenas accións concretas que fagan de Lugo unha cidade máis habitable e máis cómoda para os cidadáns


O Foro da Axenda 21 reunirase de novo despois de 5 anos a finais de febreiro para retomar os traballos iniciados no ano 2007. A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, informou hoxe dos acordos adoptados na Comisión de Seguimento e Avaliación da Axenda 21, reunida esta mañá e integrada ademais de pola responsable de Infraestruturas e Axenda 21 polos concelleiros de Economía, Medio Ambiente e Benestar Social, representantes do Partido Popular.

O obxectivo da xuntanza de hoxe foi o de analizar o estado actual de cumprimento das liñas de traballo marcadas fai 5 anos. Con esa intención, na reunión celebrada esta mañá, que contou coa representación de todos os grupos políticos, acordouse remitir o Plano de Acción aprobado naquel momento a todas as Concellarías do Goberno para que informen no prazo de 10 días no grado de execución acadado en cada unha das accións fixadas. Este informe de situación será levado de novo a unha nova Comisión de Seguimento previa ao Foro, previsto para finais de febreiro.

Esta reunión do Foro da Axenda 21, aberta á participación de todos os cidadáns e asociacións que o desexen, pretende “actualizar” as medidas incluídas neste documento elaborado no ano 2007. Serán convocados de xeito expreso todos aqueles colectivos e cidadáns que participaron na redacción do documento do 2007. A este traballo sumaranse tamén técnicos das distintas áreas do Concello vinculados aos departamentos de medio ambiente, obras, mobilidade ou participación cidadá.

Accións concretas e realizables

Paz Abraira insistiu en que un dos obxectivos do seu departamento para esta lexislatura é a posta en marcha da Axenda 21 para lograr unha cidade “máis humana e habitable na que sexa máis cómodo vivir”, dixo, a través dun proceso de “humanización” das rúas e as prazas da cidade. Abraira quere “reactivar” a principal ferramenta medioambiental e de participación cidadá coa que conta o Concello de Lugo mediante “accións concretas que sexan realizables”, dixo.

“Non renunciamos a obxectivos ambiciosos, pero a situación económica é a que é e queremos ser realistas para non crear frustración na cidadanía. Queremos planificar actuacións concretas para que ao longo destes 4 anos se poidan ver resultados”, explicou. Entre as accións a poñer en marcha Paz Abraira citou a realización de campañas formativas e informativas para os cidadáns de temas como por exemplo, o uso de enerxías alternativas tanto por parte das Administracións públicas como por parte dos cidadáns”.

O Plano de Acción da Axenda 21, aprobado no ano 2007, recolle unha serie de medidas en materia ambiental, social, económica e turística para o Concello de Lugo baseadas no criterio da sustentabilidade. Unha das eivas detectadas, e que esta mañá puxo sobre a mesa a concelleira Paz Abraira, é que nos últimos anos puxéronse en marcha “accións illadas vinculadas coa Axenda 21 pero sen lle dar o contido transversal e coordenado que debe ter en todas as políticas municipais”, explicou.

Outro dos problemas aos que hai que buscar solución, dixo Paz Abraira, é o do financiamento. Buscaranse, anunciou, liñas de axuda europeas para implementar estas políticas, tanto para a aplicación da Axenda 21 no seu conxunto como para accións concretas.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova