Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello dá un novo paso na administración electrónica coa posta en marcha dun libro único de decretos en formato dixital


# Martes, 31/01/2012
Fraga adiantou que no 2011 se atenderon 73 queixas e suxestións e a todas se lles deu resposta

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, informou dun novo paso na administración electrónica que dá o Concello de Lugo. Trátase da elaboración dun libro único de decretos en formato electrónica “de tal forma que os diferentes concelleiros van poder firmar electronicamente os decretos” segundo explicou Fraga.

“Este sistema de almacenamento é máis eficaz o que tamén permitirá buscalos de maneira máis áxil e específica, ademais con esta medida seguimos avanzando na administración electrónica e no desenvolvemento sostible ao realizar unha redución importante de papel” explicou Francisco Fraga. Calcúlase que a partir de marzo os decretos deixaranse de facer en papel.

O Concelleiro de Servizos Xerais tamén fixo balance das queixas e suxestións que atendeu o Concello no ano 2010 no que se recibiron 62 escritos. Destes, o 72% , atendéronse no prazo máximo dun mes e só en cinco casos o tempo de resposta superou os tres meses. Francisco Fraga tamén anticipou que no ano 2011 houbo 73 queixas e suxestións e todas as reclamacións foron respostadas antes de acabar o ano e a maioría foron na área de transportes en relación ás novas liñas de autobuses que van ao HULA.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova