Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Visita institucional do Delegado do Goberno ó Concello de Lugo


# Mércores, 01/02/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, recibiu este mércores ó novo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, que efectuou esta tarde a súa primeira visita institucional ó Concello de Lugo.

López Orozco, acompañado polos voceiros dos grupos políticos municipais, recibiu ó Delegado do Goberno no despacho da Alcaldía.

Logo de agradecerlle esta primeira visita institucional, o Alcalde ofreceulle a Samuel Juárez a colaboración do Concello de Lugo coa Delegación do Goberno en Galicia. “Teña por seguro que non lle vai faltar a colaboración do Concello de Lugo, porque estamos ó servizo dos veciños e veciñas, independentemente de ideas políticas”, dixo o Alcalde e engadiu que “o Concello estará sempre aberto a esa colaboración para proseguir no traballo que desenvolve a Xunta Local de Seguridade, na que colaboran as forzas de seguridade e a Policía Local”. O Alcalde tamén lle desexou ó novo Delegado de Goberno “os maiores éxitos na súa xestión”.

O Alcalde entregoulle ó Delegado do Goberno un obsequio, no nome da Corporación, consistente no libro publicado polo Concello “Lucus Augusti”, de Antonio Rodríguez Colmenero.

Samuel Juárez asinou no Libro de Honra do Concello no que escribiu o seguinte texto: “Cos meus mellores desexos de colaboración co Concello de Lugo, que é a miña cidade, para beneficio dos veciños e veciñas e para a prosperidade de Galicia e de España”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova