Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Álvarez lamenta que a Xunta non cumpra con Lugo pero se precipite ao facer críticas infundadas


# Mércores, 01/02/2012
Antón Bao anunciou que as compañías de teatro lucenses poderán estrear as súas obras dentro da programación do Auditorio Gustavo Freire

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A praza da Horta do Seminario acollerá unha espectacular exposición sobre a vida das cidades romanas

O Tenente de Alcalde e responsable da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, informaron dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local e na que se aprobaron numerosas licenzas de obras e asuntos de carácter ordinario.

Álvarez explicou que “un dos acordos máis salientables é a aprobación do III Plan de Igualdade que terá unha vixencia de 3 anos e que contempla dúas áreas prioritarias como a participación social, formación e emprego, diversidade e sensibilización cidadá ou a educación.” Esta terceiro Plan de Igualdade está formado por 7 áreas de intervención que contan cun total de 102 actuacións previstas para acadar os 26 obxectivos que se propoñen.

Por outra parte, Luis Álvarez, lamentou as críticas da Xunta de Galicia relativas á instalación da nova sinalización turística xa que “nos parece que esa reclamación se produce dunha maneira moi precipitada” O Concelleiro informou que houbo unha instalación provisional das sinais para o seu afianzamento no chan e, unha vez aseguradas, axeitar os soportes correctamente.

“Parécenos un exceso de celo que se critique algo que non está rematado” salientou o responsable de urbanismo, “xa que consideramos que hai cousas máis relevantes que a Xunta ten pendentes con este Concello como son o Auditorio ou o Museo da Romanización”.

Auditorio Gustavo Freire
O tenente alcalde do concello de Lugo, o nacionalista Antón Bao, anunciou esta mañá, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno que o concello programará as estreas das compañías de teatro lucenses dentro da actividade que desenvolve o auditorio municipal Gustavo Freire. As compañías, tanto afeccionadas como profesionais, que teñan sede ou desenvolvan a súa actividade no concello de Lugo serán convidadas a estrear as súas representacións dentro da programación do auditorio municipal.

Antón Bao sinalou que “queremos impulsar o Auditorio Gustavo Freire cunha programación permanente e estable de teatro”. Bao dixo que a programación teatral estará centrada nas fins de semana”incluiriamos teatro infantil os domingos e os sábados teatro para adultos”. O tenente-alcalde e concelleiro de cultura sinalou que “queremos apoiar os esforzos das persoas que traballan neste sector xa que sabemos que a cultura tamén xera emprego e imos volcar todos os nosos esforzos e dar todas as facilidades para que promover esta actividade”.

Romanorum Vita
Antón Bao tamén fixo referencia á instalación, na praza da Horta do Seminario, da exposición Romanorum Vita e que “está suscitando interese antes da súa apertura pola espectacularidade da montaxe”. Esta exposición, que chega a Lugo grazas á obra social de La Caixa, convídanos a pasear por unha cidade romana reconstruída a partir de descricións literarias e testemuñas arqueolóxicas de ha 2.000 anos.

A exposición Romanorum Vita e amosará os diferentes aspectos que, na época romana, se podían ver e sentir nunha cidade tipo do imperio. A exposición estará en Lugo do 8 de febreiro ao 28 de marzo. A entrada será de balde e poderase visitar de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 de luns a venres, nas fins de semana e os festivos os horarios de visita serán de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Antón Bao precisou que “a exposición non so expón espacialmente o que é a vida nunha cidade romana senón que tamén nos permitirá sentir sensacións como os olores daquelas cidades romanas”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova