Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco recibe a visita de 40 alumnos de Francia, Suecia e Alemaña que visitan Lugo a través do proxecto Comenius


# Xoves, 02/02/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita de 40 alumnos de tres países diferentes que están coñecendo a cidade de Lugo da man do I.E.S Nosa Sra. dos Ollos Grandes. Os estudantes proveñen da cidade de Denain en Francia, da cidade de Ahaus en Alemaña e da cidade de Täby en Suecia, e forman parte do proxecto Comenius, programa educativo europeo que ten como obxecto reforzar a dimensión europea promovendo a mobilidade e a cooperación entre centros educativos.

José López Orozco deulles a benvida e explicou que “formamos parte dunha Europa con distintas culturas e linguas pero con un corazón común que fai posible actividades como a que estades a facer”. O Alcalde tamén quixo agradecer o esforzo aos profesores que fan posible este cambio de experiencias entre alumnos lucenses e alumnos europeos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova