Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Deputación cédelle ó Concello un traxe rexional elaborado polo CENTRAD para o Museo Interactivo de Historia de Lugo


# Xoves, 02/02/2012


Imaxe Asociada
O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación vén de cederlle ó Concello, en calidade de depósito, un traxe rexional elaborado polos artesáns que integran o Obradoiro do Traxe Rexional ó Museo Interactivo de Historia de Lugo.

Trátase dunha peza rústica, de faena, elaborada en estopa e que consta dunha saia de cor “carne” confeccionada coas técnicas de tear tradicional, cunha vainica feita a man; unha camisa tamén de estopa, da mesma cor e feita en tear tradicional. O Traxe complétase, finalmente, cun corpiño brocado en cor azul e dourado e un mandil de damasco en cor verde.

O depósito obedece á colaboración entre a Deputación e o Concello de Lugo, xa que foi a entidade local, a través do Servizo de Arqueoloxía municipal, o que solicitou a cesión dalgún das pezas elaborados no Centro de Artesanía e Deseño. Unha vez aberta a exposición ó público, o traxe quedará perfectamente identificado grazas a unha cartela, na que tamén se indicará a procedencia do traxe.

O Obradoiro do Traxe Rexional do CENTRAD ten como obxectivo a conservación e protección da tradición que a vestimenta luguesa ten en toda a Comunidade. Os profesionais deste departamento imparten cursos co fin de divulgar as técnicas tradicionais, como a do tear ou o bordado, a todas aquelas persoas interesadas en aprender este elemento etnográfico. Ademais, tamén colaboran con asociacións ou mesmo Concello na preparación de citas como o Arde Lucus.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova