Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os hostaleiros de Lugo poden inscribirse entre o 15 e o 29 de febreiro para participar nos menús degustación romanos para o Arde Lucus


# Venres, 03/02/2012


Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, mantivo unha reunión con diferentes hostaleiros da cidade para comezar os preparativos de cara o Arde Lucus 2012, que terá lugar o 22, 23 e 24 de xuño. Nesta reunión na que participaron unha trintena de empresarios de todos os barrios de Lugo, chegouse ao acordo de dedicarlle todo o mes de xuño á gastronomía romana e castrexa.

Desta maneira, Carmen Basadre anunciou que dende o 15 e ata o 29 de febreiro todos os hostaleiros que queiran participar neste actividade deberán inscribirse a través do 010, do correo electrónico xuventudearrobaconcellodelugo.org ou na propia Concellería de Xuventude. “Todos aqueles que o fagan pasarán a formar parte dunha guía na que se explicará cales son os locais participantes e adheridos a esta actividade” segundo a responsable de Xuventude.

Basadre destacou que “foi unha reunión moi satisfactoria e agradable na que se dialogou moito” ademais de explicar que todo o mes de xuño “imos dedicarllo ao Arde Lucus con diferentes actividades culturais e gastronómicas en toda a cidade, sen esquecernos de ningún barrio e para iso mantemos reunións con diferentes asociación, ANPAS, hostaleiros e agora imos convocar ás asociacións veciñais para que participen na festa”.

Ademais avanzou que xa mantivo reunións con asociacións para comezar a traballar no Arde Lucus 2012 e que durante as dúas semanas previas se vai celebrar o Lucus Cultural, co que se pretende levar aos barrios diferentes talleres e actuacións para que todos os veciños se impliquen nesta festa de época romana.

Cartel Anunciador

Dende a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, tamén se informou que está aberto o prazo para presentar propostas para o cartel anunciador que, por primeira vez, vaise seleccionar a través dun concurso aberto a toda a poboación que queira participar. O prazo para poder presentar os traballos remata o 29 de febreiro e para seleccionar ao gañador valorarase o predominio da cor vermella como simboloxía do lume. O premio para o gañador é de 1.000 euros.

www.ardelucus.com



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova