Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recibe 160 solicitudes para as 30 bolsas do programa Lugoqualitas 2 de prácticas empresas de Alemaña, o Reino Unido e Italia


# Venres, 03/02/2012


A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral abrirá o proceso de selección dos aspirantes ás 30 bolsas para facer prácticas en empresas de Florencia, Belfast e Hamburgo correspondentes ó programa europeo de formación Lugoqualitas 2.

O prazo de solicitude rematou o pasado martes. A falta das comprobar se chegan máis solicitudes enviadas por correo ou a través do rexistro da Subdelegación do Goberno, foron 160 as solicitudes presentadas, 100 de mulleres e 60 de homes. Os aspirantes son de distintos perfiles. Así, hai persoas tituladas en Comunicación, Humanidades, distintas enxeñerías, Informática, Educación Infantil, Traballo Social, etc.

As prazas que se ofertan son 13 para estancias en Florencia (Italia), 12 para Belfast (Reino Unido) e 5 para Hamburgo (Alemaña).

Lugoqualitas 2 é un proxecto que forma parte do programa europeo de Leonardo da Vinci e que desenvolve o Concello co obxectivo facilitarlle ós mozos e mozas de Lugo a oportunidade de formarse no estranxeiro. Este programa ofrece bolsas para a realización de prácticas en empresas doutros países a recentemente titulados universitarios e de formación profesional.

As bolsas para a realización de prácticas inclúen o pago dos custes da viaxe, de preparación lingüística, tutorización das prácticas nas empresas, búsqueda das empresas onde se realizarán as prácticas e unha dotación económica de 400 euros.

www.lugo.es/espazolab

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova