Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz presentou os talleres que se van realizar nos institutos co motivo do Día da Internet Segura


# Luns, 06/02/2012
A Xunta segue reducindo as axudas que concede para as escolas infantís municipais

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou os talleres que se van a impartir nos institutos de Lugo durante os próximos meses con motivo do Día Europeo da Internet Segura. Este evento ten como obxectivo promover en todo o mundo o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e mozos e mozas.

Esther Muñóz salientou que “se intenta que os nenos dunha maneira divertida pero seria saiban manexar todas as ferramentas que lles ofrecen as redes sociais e Internet pero dunha maneira segura para evitar os perigos que rondan na Rede”.

A través do centro de información europea do Concello, Europe Direct-Lugo, quíxose programar unha serie de talleres dirixidos a alumnos do segundo curso da ESO de todos os institutos públicos da cidade. Desta maneira, os centros que participan son o IES As Mercedes, IES Lucus Augusti, IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, IES Xoan Montes, IES Ánxel Fole, IES Muralla Romana, IES Sanxillao e IES Leiras Pulpeiro.

Con estos talleres quérese dar unha resposta á inquietude manifestada polos pais e educadores ante o uso que os mozos e mozas fan da Internet e das aplicacións informáticas. “Trátase de orientar aos adolescente no uso educativo, seguro e divertido da Internet e das novas tecnoloxías, alertar sobre os seus riscos e recomendar unha serie de normas básicas no seu manexo” segundo salientou Esther Muñóz.

Estas acción están promovidas por la Comisión Europea e organizado polo INSAFE, a Rede Europea por unha Internet Segura, e en España polo Centro de Seguridade en Internet: Protegeles. Este ano o lema escollido pola Comisión Europea foi Conectando xeracións e ten como principal obxectivo promover o diálogo interxeneracional entre pais e fillos, profesores e alumnos co fin de afrontar a coñecida “fenda dixital”.

Axudas Escolas Municipais
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral tamén deu a coñecer a publicación das axudas da Xunta de Galicia para as escolas infantís para o ano 2012. Así, Esther Muñóz, informou que “un ano máis a Xunta só nos concede 29.999 euros para dúas das escolas infantís, catro mil euros menos que no 2010” pero destacou que “o que non entendemos é porque a concellos moito máis pequenos que o noso se lles concede subvencións por valor do triple ca nós, por exemplo ó de Barbadás concedéuselle 57.000 euros para unha soa escola”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova