Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo celebrará do 17 ao 22 de febreiro o Entroido máis tradicional con charangas, comparsas e unha feira de produtos da tempada


# Martes, 07/02/2012
O programa de actividades, que foi presentado esta mañá polo tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, reduce á metade o seu custo pasando de 40.000 a 20.000 euros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Mercado de Entroido trasládase á Praza de Abastos para dinamizar este espazo e o pregón correrá a cargo de representantes da asociación que mantén viva a tradición do Oso de Salcedo

A cidade de Lugo celebrará do 17 ao 22 de febreiro o seu Entroido máis tradicional no que un ano máis non faltarán as charangas e comparsas polas rúas, o concurso de disfraces do martes de Entroido e o enterro da sardiña do día seguinte. As novidades do programa deste ano, que presentou esta mañá o tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, son a homenaxe que se fará ás distintas mostras ancestrais de Entroido que aínda se conservan na provincia de Lugo e a Feira de produtos de Entroido, que se traslada este ano á Praza de Abastos.

Antón Bao explicou esta mañá en rolda de prensa que se buscou manter a esencia da celebración do Entroido na cidade pero tentando reducir ao máximo os custos, que este ano redúcense á metade e pasan de 40.000 a 20.000 euros. “Lugo vai ter un Entroido igual de divertido pero moito máis barato”, afirmou o tenente alcalde. Unha parte do aforro lógrase co cambio de ubicación da Feira de produtos do Entroido que todos os anos se celebra por estas datas, dado que se aforran os custos de montar unha carpa de grandes dimensións.

O traslado á Praza de Abastos responde ademais a outro obxectivo, segundo explicou o tenente alcalde, o de “dinamizar a Praza de Abastos”. Antón Bao anunciou que para lograr ese obxectivo o Goberno municipal trasladará todas as feiras deste tipo, tanto de produtos de tempada como feiras específicas como pode ser a feira do mel, ao recinto da Praza de Abastos, para crear nos cidadáns o hábito de mercar neste espazo.

Homenaxe ás tradicións ancestrais que se conservan na provincia de Lugo

Outra das novidades será o pregón, que este ano correrá a cargo de membros da asociación que mantén viva a tradición do Oso de Salcedo, no concello de Pobra de Brollón. Antón Bao explicou que se pretende poñer en valor deste xeito as distintas representacións ancestrais que aínda se manteñen en distintos lugares da provincia de Lugo. Este ano o protagonista será o Oso de Salcedo e en anos sucesivos irán pasando por Lugo as distintas tradicións vinculadas ao Entroido que se conservan vivas en distintos lugares da provincia como sinal de apoio a estas mostras de patrimonio inmaterial.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova