Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello asina un convenio co BBVA para facilitar o pago dos recibos aos contribuíntes lucenses


# Martes, 07/02/2012
Sonia Méndez destacou que se está estudando a realización de novos convenios con diferentes entidades para facilitar a información entre administracións

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Coordinador de Institucións do BBVA en Lugo, Manuel Otero, asinaron un convenio que permitirá a todos os lucenses pagar os seus recibos nas oficinas desta entidade.

Sonia Méndez salientou que “este acto é moi importante para ampliar o número de entidades colaboradoras a efectos da recadación de tributos municipais, ademais de ser unha vella aspiración municipal xa que este banco é o que ten maior expansión despois das antigas caixas”.

Este é o primeiro dunha serie de convenios que o Concello vai asinar con diferentes entidades para ofrecer unhas maiores facilidades aos contribuíntes e ampliar o número de oficinas dentro e fóra de Lugo nas que os cidadáns poidan facer os seus pagos. A Concelleira de Economía destacou que “no ano 2008 só se podían facer pagos nas oficinas de Novagalicia Banco e,agora, pódense facer en la Caixa e no BBVA, co que se ampliou o número de entidades coa vantaxe especialmente para os contribuíntes que non residen en Lugo.”

Con estas medidas preténdese avanzar na chamada ventanilla única da administración co obxectivo de facilitar os trámites burocráticos aos contribuíntes e conseguir tamén unha maior eficacia recaudatoria. Neste sentido, o Concello de Lugo, xa comezou as negociacións con diferentes entidades para seguir facilitando o abono dos impostos municipais evitando o seu desprazamento. Tamén con estes convenios se evita que os contribuíntes teñen que pagar recargos ao esquecerse dos períodos de pago voluntario.

O Coordinador e Institucións do BBVA explicou que ”os contribuíntes, sexan clientes ou non do BBVA, poderán facer os seus pagos a través da banca electrónica, da banca telefónica e nos propios caixeiros automáticos”. Este entidade conta na cidade de Lugo con 6 oficinas, 34 na provincia e 235 en toda Galicia.

Próximos convenios
Dende a Concellería de Economía informouse que tamén se está en negociacións co co Colexio de Notarios, co Colexio de Xestires, coa Oficina do Catastro, coa Axencia Tributaria e coa Dirección Xeral de Tráfico.

A través do convenio co Colexio de Notarios prevese facilitar o pago da plusvalía na mesma notaría na que se realiza a transmisión do ben e poderase coñecer sobre os pagos do IBI pendentes do ben transmitido. No caso do acordo co Colexio de Xestores prevese que permita o pago nestas oficinas o primeiro recibo do imposto de rodaxe dos vehículos novos.

Dende o Concello tamén se negociará con outras administración como a Axencia Tributaria para ampliar o acordo, xa existente, polo que as empresas e particulares que soliciten algunha axuda ao Concello non teñan que reclamar a expedición de certificacións e do estado das obrigas tributarias. En este sentido, coa Oficina do Catastro prevese poder dar de alta bens e inmobles ou a alteración de orde físico e económico de novas construcións ou reformas no propio Concello, co que se conseguiría unha maior eficacia.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova