Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco propón un equipo de traballo para a colaboración entre empresarios da Coruña e Lugo nun encontro no CEL


# Mércores, 08/02/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou nun encontro empresarial promovido por hostaleiros e empresarios coruñeses, encabezados polo Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e que se celebrou na sede da Confederación de Empresario de Lugo. No acto informaron sobre os servizos e proxección do aeroporto de Alvedro e inscríbese dentro dunha campaña divulgativa da infraestrutura.

López Orozco falou da “importancia da colaboración entre cidades xa que beneficia ambas cidades” e propuxo que “este encontro poderíase transformar nun equipo de traballo no que se estude a elaboración dun convenio de colaboración porque non imos perder ninguén e imos a gañar todos”.

O Alcalde de Lugo tamén fixo referencia ao turismo o lembrar que “aínda non naceu unha axencia de viaxes que ofrecera un paquete de Patrimonio Mundial en Galicia, tendo as cidades da Coruña, de Santiago e de Lugo, xa que son aspectos que se poderían traballar en común”.

No acto tamén participaron empresarios de Lugo, diferentes representantes do CEL e Presidentes de Asociacións Territoriais e sectoriais integradas na Confederación de Empresarios.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova