Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga presentou unha nova edición da Feira do Entroido de Nadela 2012


# Xoves, 09/02/2012
O Concello establece un servizo gratuíto de autobuses dende ás 9.00 ata ás 15.00 horas diante do Instituto Feminino na Avenida Ramón Ferreiro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, e Antonio Abeledo, membro da Asociación Carballeira de Nadela, presentaron o programa da Feira do Entroido de Nadela 2012, e que se desenvolverá este domingo 12 de febreiro.

A feira dará comezo ás 9.00 horas coa asignación de postos e venda dos produtos. Segundo se anunciou agárdase que participen os mesmos ou algún máis que no ano 2011, que se chegaron aos 120 postos. Ás 12.00 farase entrega dun obsequio aos vendedores asistentes a feira.

A inauguración oficial da Feira do Entroido de Nadela 2012, será ás 13.00 horas. A lectura do pregón correrá este ano a cargo de Bernardino Pardo Teijeiro, médico do Centro de Saúde de Nadela. Ao longo da mañá amenizarán a feira pasarrúas e un concerto a cargo de Grupo Rexionais e Charangas. A sesión vermú contará coa presenza da Orquestra Stereo, que tamén será a encargada de amenizar a festa organizada a partir das 21.00 horas.

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, animou a todos os lucenses a visitar esta primeira cita co entroido, e lembrou que como en anteriores ocasións, o Concello poñerá a disposición de todos os interesados en asistir un servizo gratuíto de autobuses con saída dende ás 9.00 e ata ás15.00 horas, dende a Avenida Ramón Ferreiro, diante do I.E.S A Nosa Señora dos Ollos Grandes.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova