Cargando....
Concello de Lugo
17/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha nova carreira do Circuíto Corre con Nós terá lugar o próximo sábado 11 de febreiro


# Xoves, 09/02/2012


Este próximo sábado 11 de febreiro terá lugar unha nova edición do Circuíto de Carreiras Populares LARSA CORRE CON NÓS, e que se correspondente coa terceira do circuíto de adultos e a cuarta para menores. Esta é a carreira número 100 do total das organizadas dentro deste circuíto que xa vai pola XII edición.

A inscrición para esta carreira finalizouse o xoves dando un número total de 1.740 inscritos na categoría de adultos e 1.330 nas categorías menores, se ben a organización prevé unha participación de 1500 atletas. O circuíto transcorre pola Avda Duquesa de Lugo, no novo tramo cun percorrido de ida e volta que levará aos máis maiores de cara a rotonda de Camiño da Rocha, para seguir o desvío pola rúa Via Láctea, Rúa da Rocha, parte do paseo do Rato e subida por Paradai de Abaixo para enlazar novamente coa Avda Duquesa de Lugo hasta completar unha segunda volta que contabilizará unha distancia de 3.950 metros en total. Esta carreira de adultos dará comezo aproximadamente ás 17:40 horas en función da finalización das carreiras de menores que teñen os seguintes horarios e distancias previstas:

17:00 h Mini: 400 mt
17:10 h catg A: 800 mt
17: 20 h catg B: 1200 mt
17:30 h catg C-D: 2400 mt

Dende a Concellería de Deportes tamén se lembra o acordo co clube Baloncesto Breogán: «Cunha moeda e un dorsal, ven ao Breogán», que disputa este mesmo sábado un encontro importante fronte ao Huesca, de maneira que todos os/as corredores/as do CCNOS poden recoller a súa entrada nas taquillas de clube ata a hora de comezo do encontro presentando o seu dorsal do CCNOS e un 1euro, en caso de ser menor, e o dorsal do CCNOS e 2 euros en caso dos adultos, co obxectivo de unha vez finalizada a carreira se acheguen a animar ao equipo lucense.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova