Imprimir

ESTE DOMINGO HABERÁ FEIRA DE ANTIGÜIDADES E COLECCIONISTAS NO FONDO DA PRAZA MAIOR


10/2/2012

Dende a Concellería de Servizos Xerais infórmase que este domingo día 12 de febreiro vaise celebrar a Feira de Antigüidades e Coleccionistas no fondo da Praza Maior. Desta maneira todos as persoas que estean interesadas en mercar algún dos múltiples obxectos que nos podemos atopar na feira poderán pasarse polos 6 stand diferentes en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Esta cita coas antigüidades celébrase o segundo e terceiro domingo de cada mes no fondo da Praza Maior e, se por motivos meteorolóxicos adversos, non se poden situar na ubicación actual situaranse nos soportais da mesma Praza Maior.