Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello lamenta a deslealdade institucional da Xunta que comunica a través da prensa a denegación dunha subvención pola tramitación das axudas á rehabilitación de vivendas


# Venres, 10/02/2012


Imaxe Asociada
O Concelleiro de Urbanismo lembra que a Xunta tardou oito meses na sinatura dun convenio que entrou en vigor o 1 de xaneiro pero non se asinou ata o 3 de agosto


O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, lamentou hoxe a deslealdade institucional da Xunta de Galicia que vén de anunciar a través da prensa a denegación dunha subvención ó Concello de Lugo pola tramitación das axudas á rehabilitación de vivendas. A subvención de 80.000 euros é a achega comprometida pola Xunta á tramitación que fixo Evislusa das axudas para rehabilitación de vivendas.

O Concelleiro de Urbanismo explicou que o Concello de Lugo foi flexible coa Xunta de Galicia, a pesar de que ésta tardou oito meses na sinatura dun convenio que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2011. Pese a ese retraso de oito meses da Xunta na sinatura do convenio, que non se produciu ata o día 3 de agosto, o Concello de Lugo tramitou todos os expedientes de axudas que se produciron dende o 1 de xaneiro. Ese retraso, explicou o Concelleiro, é moi inferior ó que, ó parecer, argumenta a Xunta para denegarlle a subvención comprometida ó Concello de Lugo.

Luis Álvarez tamén explicou que, a día de hoxe, non se recibiu ningún escrito da Xunta denegando a subvención e anunciou que o Concello “pelexará por ela ata o final, xa que Evislusa fixo o traballo, fíxoo ben e asumiu unha sobrecarga de traballo que lle saíu moi económica a Xunta, porque aforrou asumir o esforzo de facer esa tramitación” e engadiu que “nós imos seguir facendo esa tramitación e gustaríanos que, igual que nós somos flexibles cos retrasos de oito meses por parte da Xunta, eles actuaran coa mesma lealdade, en beneficio dos veciños de Lugo”.

O Concelleiro lamentou este “clarísimo exemplo de falta de lealdade institucional” e considerou que este comportamento da Xunta forma parte dunha estratexia de desgaste coa que “pretende que o PP gañe o que non foi quen de conquerir nas urnas”. Tamén manifestou que “é extraordinariamente frecuente que a Xunta modifique os convenios que se están xestionando ó modificar os compromisos económicos que ten asumido” .

Luis Álvarez lembrou, tamén, que a Xunta denegoulle ó Concello de Lugo unha subvención para a Casa da Muller porque non se empregou un formulario determinado cando “a xurisprudencia é clara e non se poden denegar achegas por ese motivo” e ademais Xunta atrasa convocatorias para que os concellos non teñan a posibilidade de facerlle fronte á parte que lles correspondería financiar e faino, dixo, “coa única finalidade de aforrar os cartos desas subvencións”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova