Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentouse a segunda edición do "Lugo Emprego Activo" que beneficiará a máis de 400 desempregados lucenses


# Martes, 14/02/2012
O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no proxecto está aberto desde o 15 de febreiro ata o 5 de marzo de 2012 ambos inclusive

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentaron unha nova edición do proxecto europeo de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo 2. Ten unha duración de 36 meses, contará con 28 itinerarios diferentes, dos que se beneficiarán 420 persoas, e un presuposto de 1.335.010,29 euros dos cales o Fondo Social Europeo financia o 80%.

Sonia Méndez destacou que a concesión deste programa demostra que “aínda que ao goberno local se lle pechan portas como as que nos pecha a Xunta, neste caso abrimos outra que é a dos fondos europeos e as zancadillas que o goberno de Feijoo nos está poñendo á nosa cidade son un estímulo para o goberno local e a concesión desta axuda demostra que a Unión Europea pensa xusto o contrario que eles”.

A Concelleira de Economía explicou que “primeiro déronnos financiamento para o plan Lugo Emprego Activo, que tivo un presuposto de 2.100.000 euros e do que se beneficiaron 390 parados, 90 máis dos inicialmente previstos grazas ós aforros que se fixeron na organización dos obradoiros e como o fixemos ben, a Unión Europea concedeunos máis fondos e por iso poñemos en marcha esta nova edición”.

Pola súa parte, Esther Muñóz, explicou que “poñemos en marcha a segunda edición deste plan integral a favor das persoas que teñen máis dificultades para acceder ó mercado laboral co obxectivo de dar formación e axudar a buscar traballo a 420 veciños de Lugo.” Desta maneira detallou os datos deste programa formativo e destacou que o proxecto impleméntase a través de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral do que forman parte obradoiros de formacións transversal, accións formativas, axuda na busca activa de emprego, orientación e intermediación laboral, así como tutorización durante todo o proceso.

A programación correspondente ó primeiro semestre do presente ano, comeza con 7 itinerarios de inserción nos cales ademais dos obradoiros de formación transversal sobre novas tecnoloxías, habilidades sociais, hábitos laborais, igualdade de oportunidades, medioambiente, realizaranse as seguintes accións formativas:
- Monitor/a de turismo activo (320 horas)
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (450 horas)
- Monitor/a de ludotecas (300 horas)
- Elaborador/a de queixos ( 445 horas )
- Técnico/a en transporte sanitario ( 385 horas )
- Instalación e mantemento de xardíns e zoas verdes ( 470 horas )
- Enquisador/a

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no proxecto está aberto desde o 15 de febreiro ata o 5 de marzo de 2012 ambos inclusive. As bases de participación poden consultarse no Taboleiro de edictos do Concello de Lugo e nas páxinas web :
www.lugo.es/espazolab
www.lugo.es/europedirect
www.lugo.es


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova